A docente do Ciclo Formativo de Grao Superior en Vitivinicultura do CPR Belarmino Fernández Iglesias, Dna. Manuela Chouza Carou foi entrevistada por Manola Porto no programa Más de Uno de Onda Cero Monforte para falar e dar a coñecer o que o alumnado de Vitivinicultura aprende durante a súa formación no noso Centro. Ademais falou do enriquecemento que os programas Erasmus+ supoñen para toda a comunidade educativa e que nos permite promover unha maior internacionalización da Escola.
Escoita aquí toda a entrevista extraída da web de Onda Cero Monforte