Gastroaula Belarmino Fernández Iglesias

Desde o CPR Belarmino Fernández Iglesias queremos que o noso alumnado dos Ciclos Formativos de Grao Medio de Servizos en Restauración e Cociña e Gastronomía aprenda a súa labor e se forme en situacións o máis cercanas posible á realidade profesional.
É por isto que contamos coa nosa Gastroaula, aberta ao público, onde ofrecemos unha experiencia gastronómica que combina aprendizaxe e servizo, onde o nostro alumnado pon en práctica os sus coñecementos e habilidades nun entorno real.

POLÍTICA DE USO:

  • A Gastroaula permanecerá aberta os martes, de Outubro a Maio, segundo o calendario escolar.
  • A recepción de comensais comenzará ás 14:00 h e a experiencia finalizará aproximadamente ás 16:30 h. Rógase puntualidade.
  • As reservas deberán realizarse con ao menos unha semana de antelación, con data límite o Mércores da semana anterior. Deste modo podemos planificar adecuadamente o servizo e realizar unha xestión responsable das materias primas.
  • No momento de realizar a reserva deberán comunicarse calquera alerxia ou intolerancia alimentaria. O menú sírvese a mesa completa.
  • Os menús se elaboran con produtos e materias primas de tempada, segundo dispoñibilidade de mercado.

MENÚ GASTRONÓMICO ; unha combinación de tradición e modernidade· 30 €

Inclúe: Aperitivo de benvida · 2 entrantes · 2 pratos principais · postre · auga · café · pan elaborado no noso propio obradoiro.

O viño non está incluído. Os comensais poderán escoller entre as referencias dispoñibles na nosa adega

 

Reserva a tua mesa na nosa Gastroaula e disfruta dunha experiencia gastronómica que se convirte nunha oportunidade para aprender, na que o alumnado dos Ciclos Formativos de Grao Medio de Cociña e Gastronomía y Servizos en Restauración será o encargado de facerte disfrutar dunha xornada moi especial.

Lembra que a Gastroaula é tamén un espazo de aprendizaxe. Durante o servizo, o noso alumnado estará desenvolvendo a súa actividade formativa, polo que agradecemos a vosa colaboración e respecto cara a dinámica das clases.