A FUNDACIÓN
A Fundación Belarmino Fernández Iglesias, con sede no Pazo de Ribas, naceu do desexo do seu fundador de contribuír á prosperidade e o desenvolvemento cultural de Galicia. A súa actividade principal é a formación profesional enfocada á hostalaría e o turismo.
Foi constituída por escritura pública o 2 de febreiro de 1996.
Misión
Promover a cooperación cultural, económica e social entre Galicia, España e Europa con Iberoamérica. Fomentar o desenvolvemento da comarca na que ten a súa sede, ofrecendo capacitacións e formación, do que é un exemplo singular a Escola de Hostalaría.
Padroado
Presidente
Luis Caramés Viéitez
Presidente de honra
Belarmino Fernández Mazorra
Vicepresidente
Manuel Viéitez Rodríguez
Secretaria
Rebeca Vázquez Iglesias
Vogais
José Carlos Fernández Mazorra
Luis Fernando Fernández Mazorra
Ana Lucía Ramos Marqués de Oliveira
Diego Fernández Ramos
Víctor Fernández Ramos
Alcalde de Sober
Sobre Belarmino
Nado en 1931 en Rosende, Sober (Lugo), e con pouca perspectiva de futuro, Belarmino Fernández Iglesias emigrou aos vinte anos a Brasil a bordo do Cabo de Hornos e sen apenas diñeiro no peto. Pasou de axudante de camareiro a xefe de sala na coñecida grella paulista A Cabana, a mellor da época na capital brasileira, chegando a encargarse da xerencia do restaurante Rubaiyat e converténdose no seu propietario en 1962 para abrir, na década dos 70, as primeiras filiales do grupo.
Convencido da importancia de ter un alto control de calidade nos produtos, adquiriu unha facenda en Mato Grosso (Facenda Barra Dourada) e incluiu carnes de primeira calidade nas cartas dos seus restaurantes en Argentina, Brasil, Chile e España, onde en 2006 abriu en Madrid as portas da grella Baby Beef Rubaiyat.
A medio camiño, en 1996, Belarmino quixo contribuír ao desenvolvemento cultural da súa terra, Galicia, e creou na parroquia soberina de Rosende (Lugo), a Fundación Belarmino, cuxa sede, o Pazo de Rivas, aloxa a Escola de Hostalaría na que se imparten ciclos formativos relacionados coa gastronomía, a vitivinicultura e a restauración.
Este galego emigrado a Brasil morreu aos 85 anos en Sao Paulo e descansa no seu pobo natal, como sempre desexou.
Cultura e patrimonio
Ademais da coñecida escola de hostalaría e do centro bibliográfico galego-portugués-brasileiro que acolle, Belarmino promoveu a creación dun centro social na parroquia de Rosende e do Colexio de España e a Sociedade Benéfica Rosalía de Castro de Sao Paulo.
Contacta con nós
Na Fundación Belarmino estaremos encantados de aclarar as túas dúbidas ou enviarche información.