FORMACIÓN REGRADA
Co reto de propiciar á mocidade da comarca e de Galicia a oportunidade formativa que el non poido ter, Belarmino fundou en 1997 a escola de hostalaría de Rosende, xestionada no Pazo de Ribas pola Fundación Belarmino Fernández Iglesias.
CPR Belarmino Fernández Iglesias
A escola Fundación Belarmino Fernández Iglesias funciona como un centro privado-concertado, aínda que o ensino é totalmente gratuíto, e ofrece titulacións homologadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Con frecuencia acolle actividades divulgativas nos campos da gastronomía, a vitivinicultura e o turismo.
Ano tras ano pasan pola escola ata 70 estudantes que contan cunha inserción laboral garantida unha vez finalizan os cursos formativos.
CPR Belarmino Fernández Iglesias
Cursos
A oferta formativa da escola de hostalaría abrangue dous cursos de Formación Profesional de grao medio e un de grao superior. Todos eles teñen carácter gratuíto.

Técnico superior en vitivinicultura
Capacita para traballar como técnico vitivinícola, tanto na xestión de bodegas (produción, estabilización e crianza, envasado, xestión de maquinaria, aprovisionamento e comercialización, lexislación e libros de rexistro, etc.), como na xestión de viñedos (produción vitícola, tratamentos e acondicionamento de viñas), na análise enolóxica (sensorial, fisicoquímica e microbiolóxica), nas industrias derivadas (control de elaboración de mostos concentrados, vinagres, destinados, etc.) e, finalmente, no desenvolvemento dun plan de calidade e seguridade alimentaria e xestión medioambiental na industria vitivinícola.
Os titulados poderán desenvolver a súa carreira profesional en empresas vitivinícolas dedicadas á produción de uva; a elaboración, crianza e envasado de viño; e a elaboración de destilados de viño, concentración de mostos, vinagres e outros produtos derivados da uva e o viño.
Trátase do primeiro ciclo formativo destas características que se imparte na Ribeira Sacra.

Técnico en Servizos en Restauración
Favorece a adquisición de competencias enfocadas á realización de actividades de preparación, presentación e servizo de alimentos e bebidas, así como de atención á clientela no eido da restauración seguindo os protocolos de seguridade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

Técnico en Cociña e Gastronomía
Este título proporciona competencias para executar as actividades de preelaboración, preparación, conservación, terminación e presentación e servizo de todo tipo de elaboracións culinarias no eido da cociña.
Calendario escolar e horarios
Material Escolar
Aula virtual
OpenSWAD organiza o teu traballo con carpetas de clase e un planificador incorporado, para facilitarche o traballo.. Con OpenSWAD, é sinxelo enviar unha mensaxe ao teu profesor ou recibir axuda dos teus compañeiros.
Inscrición e matrícula

#FPGalicia
SOLICITUDE BOLSAS CURSO 2023-2024
O prazo para presentar a solicitude de bolsa tanto para estudos universitarios como non universitarios extenderase dende o día 27 de Marzo de 2023 ata o 17 de Maio de 2023, ás 24,00 hora peninsular
A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en https://www.educacionyfp.gob.es
Consulta toda a información sobre as bolsas no BOE publicado o 17 de Marzo de 2023
Requisitos académicos
- Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).
- Técnico auxiliar.
- Segundo curso do Bacharelato Unificado Polivalente (BUP), cun máximo de dúas materias pendentes entre primeiro e segundo curso.
- Bacharelato superior.
- Ensino de artes aplicadas e oficios artísticos ou terceiro curso do plan de 1963 ou segundo de comúns experimental.
- FP básica.
- PCPI, alumnado que superase os módulos obrigatorios.
- Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou con curso de formación específico para o acceso aos ciclos formativos de grao medio.
- Proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
- Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensino deportivo ou de artes plásticas e deseño.
- Título de técnico.
- Título de técnico superior ou de técnico especialista.
- Título universitario.
- COU ou PREU.
- Título de técnico de formación profesional.
- Proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP.
- Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Técnico superior ou técnico especialista.
- Título universitario.
Si no dispones de la formación necesaria para acceder a nuestros ciclos formativos puedes realizar las pruebas de acceso que cada año convoca la Consellería de Cultura, Educación y Universidad. Consulta toda la información aquí
Documentación
Para a admisión en ciclos deberá realizar de forma online a súa solicitude
- Fotocopia DNI
- Certificación académica dos estudos realizados
- Fotocopia do libro de familia
- Fotocopia da tarxeta NUSS (Número de Usuario da Seguridade Social)
- Pago do seguro escolar (exentos maiores de 28 anos)
- Dúas fotografías tamaño carné
- Certificado médico, en caso de padecer algunha enfermidade.
- Fotocopia da documentación que fora renovada
- Pago do seguro escolar (exentos maiores de 28 anos)
- Dúas fotografías tamaño carné
Calendario escolar y horarios
Horarios
- 1º Cocina y gastronomía.
- 2º Cocina y gastronomía.
- 1º Servicios en restauración
- 2º Servicios en restauración
- 1º Vitivinicultura
- 2º Vitivinicultura
Contacta con nosotros
En la Fundación Belarmino estaremos encantados de aclarar tus dudas o enviarte información.