EMPRENDEMENTO
Belarmino Fernández Iglesias chegou a Brasil con escasos 20 anos e un dólar no peto. O seu compoñente cultural e inquietudes sociais deron renda solta ao seu tesón por converterse no restaurador de orixe español que máis comidas despachou no mundo. Un emprendedor dos pes á cabeza, coa excelencia por bandeira e un amor incondicional pola súa terra.
Pazo de Ribas
Durante unha das súas visitas ao seu lugar de orixe, Belarmino adquiriu o Pazo de Ribas, onde o seu pai fora xornalero. A construción, que data do século XVII, é sede da Fundación Belarmino Fernández Iglesias e da súa escola de hostalaría.
O Pazo de Ribas dá nome ademais á bodega que, fundada en 2014 e froito de outro dos proxectos personais de Belarmino, diferénciase polos seus aromas limpos. Elegantes e intensos, propios da orientación, o microclima e o cultuvo en bancais. Comercialízase nos restaurantes Rubaiyat, recoñecidos co Best of Award de Wine Spectator por posuir a carta de viños máis completa do mundo, con más de 900 referencias de 15 países.
Grupo Rubaiyat
O grupo conta con tres restaurantes en Sao Paulo, os cales son tradicionais e considerados puntos históricos da capital brasileira. A marca Rubaiyat é recoñecida como especialista en nobles cortes de carnes e a Figueira, cuxo local é coñecido pola enorme figueira que se alza entre as mesas do comedor, destaca pola súa cociña mediterránea.
En todos os establecementos do grupo Rubaiyat, que dirixe un dos fillos de Belarmino Fernández Iglesias, o cliente atopa o mesmo estándar de calidade, servizo e arquitectura rústica e elegante.
Ademais do recoñecemento brasileiro, Rubaiyat non pasa desapercibido en Chile, México, Argentina nin España.
Erasmus +
Obxectivos do proxecto
Para os estudantes
- Mellorar as súas competencias na lingua do país de acollida
- Convalidar o seu módulo de formación en centros de traballo cunha estancia práctica nunha empresa estranxeira
Para os profesores
- Actualizarse en produtos e técnicas novidosas no mercado para ser incorporadas á súa práctica docente
Para o centro
- Consolidar unha rede de socios europeos para ampliar a oferta de mobilidade a profesores e alumnado
Para os socios de acollida
- Beneficiarse da experiencia e coñecemento dos participantes
As mobilidades de estudantes serán por 10 semanas para cumprir os obxectivos en empresas de Finlandia e Italia e están dirixidas ao alumnado dos Ciclos Formativos de Grao Medio de Cociña e Gastronomía e de Servizos en Restauración.
As mobilidades do profesorado serán dunha semana en Finlandia ou Italia.
Periodo: 2021-2027
Prazas: para 7 alumnos/as e para 3 profesores/as
Erasmus Charter For Higher Education 2021-2027
Obxectivos do proxecto
Para os estudantes
Experimentar a mobilidade en Europa para mellorar as súas habilidades e empregabilidade.
Mellorar as súas competencias na lingua do país de acollida.
Validar o seu módulo de formación en centros de traballo cunha estancia práctica nunha empresa estranxeira.
Para os profesores
Actualización en técnicas de cultivo e venda do produto final.
Ampliación do coñecemento na xestión de residuos e a viticultura ecolóxica.
Coñecer as últimas novidades e tendencias no sector vitivinícola.
Incorporar estas aprendizaxes nas súas actividade docentes.
Para o centro
Atopar unha sólida rede de socios que reforce e enriqueza a oferta de mobilidade para estudantes e profesores.
Consolidar unha rede de socios europeos para ampliar a oferta de mobilidade a profesores e alumnado.
Para os socios de acollida
Beneficiarse da experiencia e coñecemento dos participantes.
Prazas: para 4 alumnos/as recentemente titulados (ERASMUS PRO) e para 2 profesores/as.
Países: Italia e Irlanda.
Obxectivos do proxecto
Para os estudantes
- Adquirir os resultados de aprendizaxe (coñecementos, habilidades e competencias) en servizos, produtos e procedementos específicos do país de acollida e de aplicabilidade nas empresas locais; ademais da cultura empresarial da organización de acollida.
- Mellorar as destrezas lingüísticas para poder optar a máis oportunidades de traballo internacional.
- Mellorar a empregabilidade da xente nova vinculada ao sector da hostalería, así como as súas perspectivas profesionais e formativas.
- Coñecer outros métodos de traballo e entender o funcionamento interno dunha empresa. Necesidade de coñecer as posibles saídas profesionais da súa formación e/ou os estudos necesario para poder acadar o rol de interese.
- Mellorar competencias transversais como a capacidade organizativa, o traballo en equipo, o aumento da autonomía e a confianza persoal.
- Mellorar as destrezas interculturais e desenvolver unha conciencia europea.
- Fomentar a mobilidade da xente nova dentro da Unión Europea.
- Conciencia medioambiental e novas ideas de xestión de residuos: en liña coa Axenda 2020, o centro quere aproveitar a oportunidade de estudar as iniciativas que outros países teñen en canto á política de xestión de residuos hostaleiros, o uso de materiais libres de plástico.
Para os profesores
- Actualizarse sobre produtos e técnicas de traballo novidosas que podan trasladar á súa actividade docente e así innovar e mellorar a calidade do ensino.
- Fortalecer as competencias na xestión de proxectos europeos financiados polo programa Erasmus+, ofrecendo así proxectos de mobilidade de alta calidade.
- Aumentar e fortalecer a rede de socios para futuros proxectos.
- Maior contacto cos centros educativos, a rede empresarial local e as entidades locais vinculadas ás novas enerxías.
- Coñecer as formas de traballo na UE para poder incluír as competencias máis demandadas no currículo formativo, dando sentido práctico aos plans de estudo. Deste xeito, conseguirase aumentar as capacidades de inserción laboral dos participantes.
- Seguimento dos participantes, mellora de información respecto a políticas de reciclaxe, eliminación e xestión de residuos hostaleiros e uso de materiais reciclables ou libres de plástico.
Para o centro
- Continuar e ampliar a rede de socios creada durante o proxecto, así como ampliala a outros ámbitos de formación, permitindo aos Erasmus Pro unhas prácticas complementarias á súa formación académica.
- Internacionalización da Fundación Belarmino Fernández Iglesias.
Para os socios de acollida
- Beneficiarse da experiencia e coñecemento dos participantes.
En colaboración co Servizo Español para a internacionalización da Educación (SEPIE)
Obxectivos do proxecto
Para os estudantes
- Mellorar as súas competencias na lingua do país de acollida
- Convalidar o seu módulo de formación en centros de traballo cunha estancia práctica nunha empresa estranxeira.
Para los profesores
- Actualizarse en produtos e técnicas novidosas no mercado para ser incorporadas á súa práctica docente.
Para o centro
- Consolidar unha rede de socios europeos para ampliar a oferta de mobilidade a profesores e alumnado.
Para os socios de acollida
- Beneficiarse da experiencia e coñecemento dos participantes