FORMACIÓN OCUPACIONAL
Co reto de formar a aquelas persoas traballadoras en situación de desemprego, na Escola ofréecese tamén cursos de Formación Ocupacional.
Todos os cursos están homologados para Arraigo por Formación
Certificado Profesional de Nivel 1
HOTR0108 Operaciones Básicas de Cociña
Ao realizar este curso estarás capacitado para traballar como axudante de cociña, auxiliar de cociña, empregado de pequeno establecemento de restauración ou encargado de economato e adega en hostalería.
HOTR0208 Operacións Básicas de Restaurante e Bar
Ao finalizar con aprovetamento este curso poderás traballar como axudante de camareiro, axudante de bar, axudante de economato, auxiliar de colectividades ou empregado de pequeno establecemento de restauración.
Certificado Profesional de Nivel 2
HOTR0408 Cociña
Ao finalizar con aproveitamento este curso poderás traballar como cociñeiro/a.
Próximas Convocatorias de Cursos AFD
Próximas Convocatorias de Cursos AFD no noso Centro no 2026
- HOTR0108 OPERACIÓNS BÁSICAS DE RESTAURANTE E BAR (desde o 02 de Xuño de 2026 ao 04 de Setembro de 2026 de 09.00 a 14.00 horas).
- HOTR0108 OPERACIÓNS BÁSICAS DE COCIÑA (desde o 06 de Xullo de 2026 ao 27 de Outubro de 2026 de 16.00 a 21.00 horas).
COMPROMISO DE PARTICIPACIÓN
As persoas interesadas deben descargar e firmar a Declaración responsable de compromiso de participación:
Instruccións de firma online da declaración de compromiso de participación:
En primeiro lugar descargar a declaración responsable de compromiso de participación no teléfono/ordenador. A continuación entrar en https://www.docfly.com e darlle a subir o arquivo desde onde se teña descargado, vai aparecer o nome do arquivo, se selecciona. Arriba pon EDIT, pulsar onde pon FILL PDF FORM e aparece o documento para editar. Pulsar en AÑADIR TEXTO para cubrir o nome e apelidos, NIE e lugar da oficina do SEPE onde está apuntado o demandante de emprego. A continuación pulsar onde pon SIGNATURE e sae un cuadro para firmar (se é no móvil desplazar a pantalla ata ver varios botóns), pulsar onde pon DRAW e facer a firma manual, a continuación dar ao botón SIGN ou doble click sobre a firma e colocala onde pon firma do solicitante, darlle a SAVE e a EXPORT e logo a DOWNLOAD. Descargar como arquivo pdf e devolvelo firmado ao mail: cpr.belarmino@edu.xunta.gal
Requisitos de acceso á Formación Ocupacional
Ë requisito fundamental estar inscrito como demandante de emprego no SEPE.
Para os cursos que dan acceso ao certificado de profesionalidade de Nivel 1 non se esixen requisitos académicos nin profesionais, aínda que se deben posuir as habilidades de comunicación lingüística suficientes que permitan a aprendizaxe.
- Título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria.
- Certificado de profesionalidade de nivel 2.
- Certificado de profesionalidade de nivel 1 da misma familia e área profesional.
- Cumprir co requisito académico de acceso aos Ciclos Formativos de Grado Medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
- Ter superadas as competencias clave.
Contacta con nós
Na Fundación Belarmino estaremos encantados de aclarar as túas dúbidas ou enviarte información.
