CONVOCATORIA ERASMUS+
CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DE PARTICIPANTES NA ACTIVIDADE DE MOBILIDADE DE ERASMUS+ DE ALUMNADO DE CICLO SUPERIOR PARA FORMACIÓN EN EMPRESA NO ESTRANXEIRO
Proxecto: 2025-1-ES01-KA131-HED-000313282
BASES DA CONVOCATORIA:
- NORMAS XERAIS
Bolsa para realizar formación en empresas ubicadas no estranxeiro por parte do alumnado do Ciclo Formativo de Grao Superior de Vitivinicultura dentro do programa Erasmus+ (Proxecto: 2025-1-ES01-KA131-HED-000313282)
Período de realización:
Febreiro a Xuno de 2026 (data límite de finalización 14/Xuño/2026).
Duración: 30 días (incluida viaxe)
Número de prazas: 1
Prazo de presentación: ata o 06 de Novembro de 2025.
Países destino: Italia, Hungría
A empresa será adxudicada polo CPR Belarmino Fernández Iglesias segundo os obxectivos da formación en empresa.
Lingua obxectivo: inglés, italiano, húngaro.
O/a participante comprométese a enviar un diario dixital, polo menos unha vez á semana, durante toda a súa estadía e a participar nos ErasmusDays (presencial, videoconferencia ou coa realización de vídeos) do curso seguinte para contar a súa experiencia ao resto do alumnado, axudando deste modo á difusión dos proxectos Erasmus+
O/a participante seleccionado/a recibirá o 80% da axuda nun prazo máximo de 30 días trala firma do convenio e antes de empezar a mobilidade e o 20% restante unha vez completada a mobilidade e presentados os correspondentes informes:

*Viaxe ecolóxico
As tarifas aplicables para manutención e viaxe están publicadas en: http://sepie.es/doc/comunicacion/publicaciones/2025/ayudas_erasmus_2025_educacion_superior_ka131.pdf
NOTA: Se o alumnado renuncia á realización de dita formación en empresa no estranxeiro unha vez que o CPR Belarmino Fernández Iglesias formalizase documentos precisos para a realización da mobilidade que conlevara algún gasto de xestión ao Centro, o alumnado deberá aboarlle ditas cantidades na súa totalidade. Ademais, se o alumno/a non finalizara a súa mobilidade deberá reintegrar as cantidades xa transferidas.
- REQUISITOS DOS CANDIDATOS
Alumnado do Ciclo Formativo de Grao Superior de Vitivinicultura que realiza segundo no presente curso 2025-2026.
- INSTANCIA
Entregarase en prazo e en formato electrónico a seguinte documentación enviándoa ao correo electrónico cpr.belarmino@edu.xunta.gal co asunto Solicitud ERASMUS+
◊ CV no idioma de país de destino ou inglés, segundo o modelo C.V. Europass (https://europass.cedefop.eurpa.eu/es/documents/curriculum-vitae) (inglés) (docx/pdf)
◊ Carta de presentación para a empresa no idioma do país de destino ou inglés (https://europa.eu/europass/es/create-europass-cover-letter) (docx/pdf)
◊ Documentación acreditativa de discapacidade, problemas de saúde, bolsa do Ministerio…
◊ Documentación acreditativa das competencias lingüísticas (pdf)
◊ Documentación acreditativa das competencias dixitais (TICs) segundo o nivel obtido na aplicación Europass text your digital skills (https://europa.eu/europass/digitalskills/screen/home?referrer=epass&route=%2Fes&lang=es) (pdf)
◊ Fotocopia do DNI/NIE (pdf)
◊ Certificación bancaria de ser titular ou cotitular dunha conta (pdf)
◊ Formulario de iscripción (Formulario de iscripción) completo e firmado en prazo (papel)
- ÓRGANOS DE SELECCIÓN
Comisión de Mobilidade formada por:
◊ Directora do Centro e coordinadora de proxectos internacionais.
◊ Profesorado do Ciclo Formativo.
◊ Titor/a de primeiro curso do Ciclo Formativo implicado.
- CRITERIOS DE SELECCIÓN
Os/as participantes serán seleccionados/as segundo os criterios seguintes coas cuantificacións e ponderacións que se indican:

NOTA: Se houbese máis candidatos que prazas ofertadas na publicación da lista definitiva, aquel alumnado con menos puntuación formará parte dunha lista de suplentes.
- PUBLICACIÓN LISTA PROVISIONAL: 07/11/2025
- PRAZO DE RECLAMACIÓN: Desde o 07/11/2025 ao 13/11/2025
- PUBLICACIÓN LISTA DEFINITIVA: 14/11/2025
…….Publicarase neste sitio web……
Consulta aquí el listado provisional de admitidos en el Proyecto Erasmus+ EUROVITICULTURA 2025-1-ES01-KA131-HED-000313282
Consulta aquí el listado defintivo de admitidos en el Proyecto Erasmus+ EUROVITICULTURA (EUROVITICULTURA 2025-1-ES01-KA131-HED-000313282)
Contacta con nosotros
En la Fundación Belarmino estaremos encantados de aclarar tus dudas o enviarte información.


