• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
Entrevista ao Xefe de estudos David Cidre en Más de Uno Monforte de Onda Cero
19/03/2026
Mostrar todos

V Concurso de cata por parellas Concello de Sober

24/03/2026

Hoxe 24 de Marzo tivo lugar no Centro Cultural de Sober o V Concurso de Cata por parellas Concello de Sober, unha das actividades enmarcadas dentro do Mes do Amandi, organizado pola Fundación Belarmino Fernández Iglesias e o Concello de Sober.
Os participantes foron recibidos pola organización no Centro Cultural de Sober e despois da presentación do concurso estiveron catando no túnel do viño as 32 referencias que podían formar parte da cata.

Unha vez comenzado oficialmente o concurso os/as participantes tiveron que diferenciar dez viños seleccionados polo xurado, que estaba composto por D. Emilio Blanco Tilves (ex alumno que cursou o Ciclo Formativo de Grao Superior de Vitivinicultura que impartimos no noso Centro, premio extraordinario a nivel galego do Ciclo Superior da familia profesional de Industrias alimentarias e que na actualidade e técnico de adega e viñedo en Finca Millara e Dna. Isadora Calaça Souza (ex alumna do Ciclo Formativo de Grao Medio de Servizos en restauración, indicando tipo de uva, tipo de crianza (xoven ou barrica), anada e Adega.

Unha vez finalizada a cata e despois de ter que realizar un desempate para saber quen conseguía o segundo posto, procedeuse ao nomeamento das dúas parellas gañadoras nas instalacións da Fundación Belarmino Fernández Iglesias resultando:
– No segundo posto: Emilia Sandra Macía González e Pablo González Gómez, propietarios de Adega EDV Viticultores, quen recibiron un lote de viño de Adega Algueira.


– No primeiro posto: Iago Groba Caride e Maximino Castelo Alonso, alumnos de primeiro curso do Ciclo Formativo de Grao Superior de Vitivinicultura do CIFP A Granxa en Ponteareas, que tamén recibiron outro lote de viño de Adega Algueira.

Ambos premios foron entregados polos xuíces, Dna Isadora Calaça Souza e D. Emilio Blanco Tilves.

O resto de premios que consisten en: 1ª parella clasificada: Comida/cena no Restaurante Berso en Sober e trofeo acreditativo de Cerámica de Gundivós; 2ª parella clasificada: Ruta en quads coa empresa Sacra Aventura e trofeo acreditativo de Cerámica de Gundivós, serán entregados no recinto ferial da XLVI Feira do Viño de Amandi o vindeiro domingo 29 de Marzo ás 13:30 horas durante a entrega de premios da Cata Oficial dos viños de Amandi

Parabéns!!!
Ao finalizar o Concurso, nas instalacións da Escola de Hostalería e Vitivinicultura Belarmino Fernández Iglesias, o alumnado do Ciclo Formativo de Grao Medio de Servizos en restauración serviu uns aperitivos elaborados polo alumnado do Ciclo Formativo de Grao Medio de Cociña e gastronomía.

Queremos dar as grazas a todos os participantes, ao Concello de Sober, aos xuíces, ás empresas colaboradoras, a todas as adegas da DO Ribeira Sacra, aos Centros Educativos que participaron e a todo o persoal de Fundación Belarmino Fernández pola marabillosa organización deste evento.

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'50.3"N 7°37'05.7"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies