FORMACIÓN REGRADA
Co reto de propiciar á mocidade da comarca e de Galicia a oportunidade formativa que el non poido ter, Belarmino fundou en 1997 a escola de hostalaría de Rosende, xestionada no Pazo de Ribas pola Fundación Belarmino Fernández Iglesias.
CPR Belarmino Fernández Iglesias
A escola Fundación Belarmino Fernández Iglesias funciona como un centro privado-concertado, aínda que o ensino é totalmente gratuíto, e ofrece titulacións homologadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Con frecuencia acolle actividades divulgativas nos campos da gastronomía, a vitivinicultura e o turismo.
Ano tras ano pasan pola escola ata 70 estudantes que contan cunha inserción laboral garantida unha vez finalizan os cursos formativos.
Cursos
A oferta formativa da escola de hostalaría abrangue dous cursos de Formación Profesional de grao medio e un de grao superior. Todos eles teñen carácter gratuíto. Consulta aquí toda a oferta de formación ocupacional
Técnico superior en vitivinicultura
Capacita para traballar como técnico vitivinícola, tanto na xestión de bodegas (produción, estabilización e crianza, envasado, xestión de maquinaria, aprovisionamento e comercialización, lexislación e libros de rexistro, etc.), como na xestión de viñedos (produción vitícola, tratamentos e acondicionamento de viñas), na análise enolóxica (sensorial, fisicoquímica e microbiolóxica), nas industrias derivadas (control de elaboración de mostos concentrados, vinagres, destinados, etc.) e, finalmente, no desenvolvemento dun plan de calidade e seguridade alimentaria e xestión medioambiental na industria vitivinícola.
Os titulados poderán desenvolver a súa carreira profesional en empresas vitivinícolas dedicadas á produción de uva; a elaboración, crianza e envasado de viño; e a elaboración de destilados de viño, concentración de mostos, vinagres e outros produtos derivados da uva e o viño.
Trátase do primeiro ciclo formativo destas características que se imparte na Ribeira Sacra.
Técnico en Servizos en Restauración
Favorece a adquisición de competencias enfocadas á realización de actividades de preparación, presentación e servizo de alimentos e bebidas, así como de atención á clientela no eido da restauración seguindo os protocolos de seguridade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
Técnico en Cociña e Gastronomía
Este título proporciona competencias para executar as actividades de preelaboración, preparación, conservación, terminación e presentación e servizo de todo tipo de elaboracións culinarias no eido da cociña.
Calendario escolar y horarios
Horarios
- 1º Cocina y gastronomía.
- 2º Cocina y gastronomía.
- 1º Servicios en restauración
- 2º Servicios en restauración
- 1º Vitivinicultura
- 2º Vitivinicultura
Contacta con nosotros
En la Fundación Belarmino estaremos encantados de aclarar tus dudas o enviarte información.