A Fundación Belarmino Fernández Iglesias foi o escenario dunha cata de iniciación enmarcada dentro das actividades previas á Feira do viño soberina, que este ano foi a primeira celebrada na Ribeira Sacra.
Impartida por Isabel Lozano, sommelier polo Instituto Galego do Viño (INGAVI), foi unha actividade de introdución ao mundo do viño, axeitada ao perfil das persoas asistentes, na que se demostrou o potencial de Galicia como zona vinícola, chea de variedade e matices.
Durante a degustación, catáronse un total de cinco viños galegos. Tres deles, brancos: dous pertencentes á Denominación de Orixe Rías Baixas, e un viño Ribeiro biodinámico. O dous viños restantes pertencían á zona da Ribeira Sacra (Chantada e Vilachá), cos que se puxo de manifesto que o marco no que se atopa a Fundación é un lugar de interese e con moito potencial para os amantes do viño.