O CPR Belarmino Fernández Iglesias, en Rosende (Sober) participa no programa Erasmus+ co seu proxecto 2019-1-ES01-KA102-062657 EVT FUNDACIÓN BELARMINO FERNÁNDEZ IGLESIAS HOSTELERÍA RIBEIRA SACRA.
Este proxecto Erasmus+ vaille dar a oportunidade a un estudante do Ciclo Formativo de Grao Medio de Servizos en Restauración e a dous estudantes do Ciclo Formativo de Grao Medio de Cociña e Gastronomía de poder realizar as prácticas correspondentes ao módulo FCT de cada unha destas especialidades en empresas hostaleiras de Finlandia e Italia dende o próximo 28 de marzo ata o 18 de maio, o que lles permitirá mellorar a súa formación desenrolando o seu labor en restaurantes do estranxeiro, ademais de favorecer a aprendizaxe das linguas propias do país de acollida e coñecer outras culturas.
Este proxecto Erasmus+ da Unión Europea tamén contempla a mobilidade do profesorado e da coordinadora do programa do centro CPR Belarmino Fernández Iglesias que, dende o 28 de marzo ata o 1 de abril, poderá coñecer de primeira man como outras entidades ou socios de acollida de Finlandia desenvolven a súa actividade para levar a cabo estes proxectos e fomentar futuros intercambios con outras institucións europeas.
Podedes ler aquí a nota de prensa completa.