Mediante o presente informamos que o vindeiro mércores, 18 de Outubro, terá lugar na Fundación Belarmino Fernández Iglesias o taller “Tú sirves, tú decides”. Con esta actividade, aberta ao público en xeral, e que será presentada polo alcalde de Sober, D- Luis Fernández Guitián, preténdese transmitir aos futuros/as profesionais e empresarios/as da restauración e a os/as futuros adegueiros/as unha serie de coñecementos e habilidades que axuden á prosperidade do seu negocio e eviten os problemas asociados co consumo abusivo de alcool así como o consumo do mesmo en determinados colectivos de risco (menores, conductores, …). O obxectivo que se pretende é procurar aos clientes dos negocios de hostalería e restauración, así como das adegas e doutros establecementos de venda de viños unha experiencia social sana e agradable.
A actividade, que se ven facendo dende hai dez anos no Centro, vai ser impartida por D. Jacobo Peña da entidade Espirituosos de España e, entre outros aspectos, trata de mostrar habilidades e métodos para que o persoal de sala e cociña e os futuros adegueiros ofrezan uns produtos para que o cliente os consuma de xeito responsable. Tamén colabora nesta actividade a Unidade de Asistencia de Drogodependencia de Monforte de Lemos que estará representada pola educadora social Dna. Luisa Astray.