Gastroaula Belarmino Fernández Iglesias

Imagen 1
Imagen 2
Imagen 3
Imagen 4
Imagen 5
Imagen 6
Imagen 7
Imagen 8
Imagen 9
Imagen 10
Imagen 11
Imagen 15

Dende O CPR Belarmino Fernández Iglesias queremos que o noso alumnado dos Ciclos Formativos de Graos Medios en Servizos en restauración e de Cociña e gastronomía se forme e aprenda o seu labor en situacións reais. É por isto, polo que contamos cunha Gastro-aula aberta ao público en xeral, onde o noso alumnado porá en práctica os coñecementos que vai adquirindo.

POLÍTICA DE USO:
  • A Gastro-aula permanecerá aberta nos meses de Outubro a Maio de luns a xoves segundo o calendario escolar.
  • O horario e recepción de comensais comeza ás 14:30 horas e remata ás 15:15 horas.
  • A experiencia finalizará como máximo ás 16:50 horas, que é cando o alumnado remata as clases.
  • As reservas deberán facerse cunha semana de antelación, fixando como data límite de reserva o mércores da semana anterior.
  • Os comensais con intolerancias ou alerxias alimentarias deberán comunicalo no momento de facer a reserva.
  • O prezo do menú do día (auga e café incluídos) é de15€/persoa (luns, martes, mércores e xoves).
  • A partir de 10 comensais consultarase o aforo.

Reserva a túa mesa para vir a comer a nosa Gastro-aula, na que o alumnado dos Ciclos Formativos dos Graos Medios de Cociña e gastronomía e de Servizos en restauración farán da túa estadía no Centro unha xornada gastronómica única. Lembra que durante a experiencia o alumnado está en clase polo que se deberá respectar o traballo que se está a realizar.