onte 19 de Marzo tivo lugar no Centro Cultural de Sober o III Concurso de Cata por parellas Concello de Sober, unha das actividades enmarcadas dentro do Mes do Amandi, organizado pola Fundación Belarmino Fernández Iglesias e o Concello de Sober.
Os participantes foron recibidos pola organización no Centro Cultural de Sober e tras a presentación do concurso estiveron probando no túnel do viño as 20 referencias que podían formar parte de cata.
Unha vez comezado oficialmente o concurso os/as participantes tiveron que diferenciar dez dos viños seleccionados polo xurado que estaba composto por Dna. Cristina Vázquez, directora da Adegas Os Cipreses, D. Fran Gómez, director comercial do grupo Mendez-Rojo e D. Bruno Lobelle, propietario da empresa Vino Sacra, indicando tipo de
uva, añada e tipo de elaboración (xoven ou barrica).
Cando finalizou e tralo reconto das puntuacións houbo que facer un desempate entre dúas parellas que optaban ao segundo e terceiro posto e procedeuse ao nomeamento das tres parellas gañadoras resultando:
Os agasallos que consisten en: 1ª Parella Clasificada: Comida/cea no Restaurante Berso en Sober e unha ruta guiada en quad polos viñedos coa empresa Sacra Aventuras; 2ª Parella Clasificada: Comida/cea no Restaurante Berso en Sober e dous enfriadores de viño de Cerámica de Gundivós e 3ª Parella Clasificada: Dous enfriadores de viño de Cerámica de Gundivós, serán entregados no recinto ferial da XLIV Feira do Viño de Amandi o vindeiro domingo 24 de Marzo ás 13:30 horas durante a entrega de premios da Cata oficial dos Viños de Amandi.
Ao remate do concurso os participantes desfrutaron nas instalacións da Escola Belarmino Fernández Iglesias dun aperitivo elaborado e servido polo alumnado dos Ciclos Formativos de Grao Medio de Cociña e gastronomía e de Servizos en restauración que estudan no Centro.
Dende Fundación Belarmino Fernández queremos dar as grazas ao Concello de Sober por deixarnos realizar o concurso nas súas instalacións, a nosos colaboradores: Restaurante Berso, Sacra Aventuras e Rectoral de Gundivós; a todas as adegas pola sua aportación dos viños, ao xurado, a toda a comunidade educativa da Escuela Belarmino Fernández e por suposto a todos/as os/as participantes que sen elos/as este concurso non sería posible.
E vos esperamos de novo o ano que ven.