• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
Entrevista en Mas de Uno Onda Cero Monforte 19-03-2024
19/03/2024
Abierto el plazo de matrícula en Septiembre
05/09/2024
Mostrar todos

III Concurso de Cata por parellas Concello de Sober

20/03/2024

onte 19 de Marzo tivo lugar no Centro Cultural de Sober o III Concurso de Cata por parellas Concello de Sober, unha das actividades enmarcadas dentro do Mes do Amandi, organizado pola Fundación Belarmino Fernández Iglesias e o Concello de Sober.
Os participantes foron recibidos pola organización no Centro Cultural de Sober e tras a presentación do concurso estiveron probando no túnel do viño as 20 referencias que podían formar parte de cata.

Unha vez comezado oficialmente o concurso os/as participantes tiveron que diferenciar dez dos viños seleccionados polo xurado que estaba composto por Dna. Cristina Vázquez, directora da Adegas Os Cipreses, D. Fran Gómez, director comercial do grupo Mendez-Rojo e D. Bruno Lobelle, propietario da empresa Vino Sacra, indicando tipo de
uva, añada e tipo de elaboración (xoven ou barrica).

Cando finalizou e tralo reconto das puntuacións houbo que facer un desempate entre dúas parellas que optaban ao segundo e terceiro posto e procedeuse ao nomeamento das tres parellas gañadoras resultando:

    • No terceiro posto: Davinia Álvarez Díaz e Yoel Dieguez Reguera, alumnado do Ciclo Formativo de Grao Medio de Aceite de oliva e viños do Centro educativo Concepcionistas Camponaraya de Ponferrada, e o premio foi entregado por Dna. Cristina Vázquez, directora da Adega Os Cipreses.
    • No segundo posto: Noemí Lariño Romay e Rafael Rodríguez Rodríguez, participantes amateur, e fixo a entrega do premio Dna. Rebeca Vázquez, directora do Escola Belarmino Fernández Iglesias.
    • No primeiro posto: Cristina Rodríguez Saá e Hugo Pérez Madarnás, alumnado do Ciclo Formativo de Grao Superior de Vitivinicultura do CPR Belarmino Fernández Iglesias facendo a entrega do premio D. Luis Guitián, alcalde do Concello de Sober.

Os agasallos que consisten en: 1ª Parella Clasificada: Comida/cea no Restaurante Berso en Sober e unha ruta guiada en quad polos viñedos coa empresa Sacra Aventuras; 2ª Parella Clasificada: Comida/cea no Restaurante Berso en Sober e dous enfriadores de viño de Cerámica de Gundivós e 3ª Parella Clasificada: Dous enfriadores de viño de Cerámica de Gundivós, serán entregados no recinto ferial da XLIV Feira do Viño de Amandi o vindeiro domingo 24 de Marzo ás 13:30 horas durante a entrega de premios da Cata oficial dos Viños de Amandi.
Ao remate do concurso os participantes desfrutaron nas instalacións da Escola Belarmino Fernández Iglesias dun aperitivo elaborado e servido polo alumnado dos Ciclos Formativos de Grao Medio de Cociña e gastronomía e de Servizos en restauración que estudan no Centro.

Dende Fundación Belarmino Fernández queremos dar as grazas ao Concello de Sober por deixarnos realizar o concurso nas súas instalacións, a nosos colaboradores: Restaurante Berso, Sacra Aventuras e Rectoral de Gundivós; a todas as adegas pola sua aportación dos viños, ao xurado, a toda a comunidade educativa da Escuela Belarmino Fernández e por suposto a todos/as os/as participantes que sen elos/as este concurso non sería posible.

E vos esperamos de novo o ano que ven.

 

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'23.7"N 7°37'11.4"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies