
O futuro do emprego no rural: a nosa voz, o noso compromiso e o noso territorio
Como podemos facer que o talento encontre no rural un lugar onde crecer, desenvolverse e construir o seu futuro? Esta será unha das grandes preguntas que centrará o II Foro de Emprego Ribeira Sacra, un espacio de encontro, reflexión e diálogo no que a formación, o emprego e o futuro de noso territorio serán os grandes protagonistas.
Nesta segunda edición que se celebrará o vindeiro 2 de Decembro no Centro do Viño de Monforte a partires das 10:00, o noso Centro CPR Belarmino Fernández Iglesias estará presente a través da súa directora, Rebeca Vázquez, que participará na mesa redonda titulada «Como cambiou o mercado laboral nestes tres últimos anos e que facer para facelo atractivo nas zonas rurais?».
Un debate imprescindible para analizar como evolucionou o mercado laboral, cales son os novos retos aos que nos enfrentamos e, sobre todo, que oportunidades debemos crear para que vivir e traballar no rural sexa unha opción de futuro real, atractiva e chea de posibilidades.
A mesa estará moderada por Manola Porto (Onda Cero Monforte) e contará tamén coa participación de Manuel Fernández (Talentvia) e Marta Pérez (IES A Pinguela). Diferentes perspectivas y experiencias que enriquecerán unha conversa necesaria sobre o presente e o futuro do emprego nas nosas comarcas.
Desde o CPR Belarmino Fernández Iglesias creemos firmemente que o futuro do rural constrúese xerando oportunidades, impulsando o talento e apostando por unha formación conectada coa realidade do territorio e as necesidades das empresas. Porque formar profesionais non é só preparar para un posto de traballo: é abrir camiños, fixar poboación, dinamizar a economía e contribuir a que os nosos pobos sigan vivos.
Participar neste foro supón reafirmar o noso compromiso con unha Ribeira Sacra con futuro, onde o talento non teña que marcharse para encontrar oportunidades e onde o medio rural sexa tamén un espacio para emprender, traballar e crecer, porque o emprego crea futuro e o futuro da Ribeira Sacra tamén se constrúe desde aquí.
Este foro está organizado pola Asociación Ribeira Sacra Next e a Mesa de Acción Social, a quines agradecemos a súa aposta por xerar espacios de encontro e reflexión en torno a un dos grandes desafíos do noso territorio.
Seguimos traballando por unha formación de calidade, un emprego con oportunidades e un rural cheo de vida!

Data: Mércores 2 de Decembro de 2026
Horario: 10:00 – 12:35 h
Lugar: Centro do Viño da Ribeira Sacra (Rúa del Comercio, 6 · Monforte de Lemos)
Organizan: Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next d Mesa de Acción Social
Colaboran: Acción contra el hambre, Asociación Española contra el Cáncer en Lugo, Albores Salud Mental, Asociación Ahora, Cáritas Diocesana de Lugo, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Fundación Belarmino Fernández Iglesias, Igaxes y Fundación Samu
