• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
Entrevista á docente de Vitivinicultura Eugenia Medina
25/11/2026
Mostrar todos

II Edición Foro de Emprego Ribeira Sacra

25/11/2026

O futuro do emprego no rural: a nosa voz, o noso compromiso e o noso territorio

Como podemos facer que o talento encontre no rural un lugar onde crecer, desenvolverse e construir o seu futuro? Esta será unha das grandes preguntas que centrará o II Foro de Emprego Ribeira Sacra, un espacio de encontro, reflexión e diálogo no que a formación, o emprego e o futuro de noso territorio serán os grandes protagonistas.

Nesta segunda edición que se celebrará o vindeiro 2 de Decembro no Centro do Viño de Monforte a partires das 10:00, o noso Centro CPR Belarmino Fernández Iglesias estará presente a través da súa directora, Rebeca Vázquez, que participará na mesa redonda titulada «Como cambiou o mercado laboral nestes tres últimos anos e que facer para facelo atractivo nas zonas rurais?».

Un debate imprescindible para analizar como evolucionou o mercado laboral, cales son os novos retos aos que nos enfrentamos e, sobre todo, que oportunidades debemos crear para que vivir e traballar no rural sexa unha opción de futuro real, atractiva e chea de posibilidades.

A mesa estará moderada por Manola Porto (Onda Cero Monforte) e contará tamén coa participación de Manuel Fernández (Talentvia) e Marta Pérez (IES A Pinguela). Diferentes perspectivas y experiencias que enriquecerán unha conversa necesaria sobre o presente e o futuro do emprego nas nosas comarcas.

Desde o CPR Belarmino Fernández Iglesias creemos firmemente que o futuro do rural constrúese xerando oportunidades, impulsando o talento e apostando por unha formación conectada coa realidade do territorio e as necesidades das empresas. Porque formar profesionais non é só preparar para un posto de traballo: é abrir camiños, fixar poboación, dinamizar a economía e contribuir a que os nosos pobos sigan vivos.

Participar neste foro supón reafirmar o noso compromiso con unha Ribeira Sacra con futuro, onde o talento non teña que marcharse para encontrar oportunidades e onde o medio rural sexa tamén un espacio para emprender, traballar e crecer, porque o emprego crea futuro e o futuro da Ribeira Sacra tamén se constrúe desde aquí.

Este foro está organizado pola Asociación Ribeira Sacra Next e a Mesa de Acción Social, a quines agradecemos a súa aposta por xerar espacios de encontro e reflexión en torno a un dos grandes desafíos do noso territorio.

Seguimos traballando por unha formación de calidade, un emprego con oportunidades e un rural cheo de vida!

#CPRBelarminoFernándezIglesias #RibeiraSacra #IIForoDeEmprego #EmpregoRural #FormaciónProfesional #FuturoRural #Talento #DesarrolloTerritorial
Consulta o programa e inscríbete aquí
 
 

 

Data: Mércores 2 de Decembro de 2026

Horario: 10:00 – 12:35 h

Lugar: Centro do Viño da Ribeira Sacra (Rúa del Comercio, 6 · Monforte de Lemos)

Organizan: Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next d Mesa de Acción Social

Colaboran: Acción contra el hambre, Asociación Española contra el Cáncer en Lugo, Albores Salud Mental, Asociación Ahora, Cáritas Diocesana de Lugo, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Fundación Belarmino Fernández Iglesias, Igaxes y Fundación Samu

 
 
 
Compartir

Artículos relacionados

27/10/2026

Difusión da cultura emprendedora en Fundación Belarmino Fernández


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'50.3"N 7°37'05.7"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies