O alumnado do ciclo de formación profesional da Escola Belarmino Fernández Iglesias en técnico superior en vitivinicultura desenvolveu labores de etiquetaxe e empaquetado da última vendima realizada por eles mesmos nos viñedos da Fundación.
Estas actividades pertencen ao módulo de Estabilización, Crianza e Envasado, que ten como obxectivo dar a coñecer o proceso de análise dos produtos e os requisitos que teñen cada un. O estudantado fórmase en todo o proceso de control de análise e calidade da crianza, así como de etiquetaxe no que se realiza o control dos produtos en base ao cumprimento dos requisitos de estabilidade, organización da clarificación, control de filtrado, da estabilidade tartárica e acondicionamento final ata a organización do envasado, coas liñas destinadas a este propósito e a maquinaria que se necesita. Unha estrutura educativa que inclúe traballar con sistema de seguridade, realización de operacións de limpeza e desinfección, así como de mantemento e preparación.
Un proceso no que, debido á actual situación xerada pola covid19, reforzouse os controis de seguridade sanitaria, polo que ademais das medidas hixiénicas protocolarias nesta ocasión ademais realizouse a formación en dous espazos distintos, garantindo a distancia persoal esixida.
O módulo profesional inclúe a planificación e formación en elaboración e transformación de viños; seguridade alimentaria; prevención e seguridade laboral, así como en mantemento de equipamentos e instalacións no sector vitivinícola.
Os matriculados achéganse a esta área profesional de forma práctica xa que as instalacións da Fundación permiten que se realicen todos os labores de interese no sector.
Escola conta cunhas completas instalacións con aulas coas últimas tecnoloxías dispoñibles de viñedos, cociñas e salóns propios onde poder aplicar todos os coñecementos adquiridos, o que facilita o acceso ao mundo laboral.