• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
La FUAC y la Consellería acercan al alumnado del CPR las distintas salidas profesionales de sus estudios
09/02/2021
ANUNCIO: convocatoria educativa del curso 2021/2022
10/02/2021
Mostrar todos

A FUAC e a Consellería achegan o estudantado do CPR posibles saídas profesionais a súa formación

09/02/2021

O alumnado do CPR Belarmino Fernández Iglesias ven de recibir ao longo da última semana dúas formacións en liña orientadas a mostrar as distintas saídas laborais.

Actividades destinadas para as persoas matriculadas nos segundos cursos dos ciclos formativos de Grao Medio de Servizo en Restauración e o de Cociña e Gastronomía, así como os de Grao Superior de Vitivinicultura.

Charla formativa da FUAC

Por unha banda o luns, 8 de febreiro, desenvolveuse unha charla formativa sobre o plan de prácticas establecida pola Fundación da Universidade de A Coruña (FUAC), no que Laura Suárez, da área de emprego da FUAC, deu a coñecer unha visión do futuro laboral.

Empresa e Iniciativa Emprendedora

Este mesmo alumnado recibiu, os días 1 e 8 de febreiro, dúas sesións formativas Eduemprende incluídas no Plan de Emprendemento do Sistema Educativo de Galicia. Dúas sesións orientadas a fomentar o emprendemento e a cultura financeira. O relator Sergio Castro Prieto fixo fincapé en catro aspectos fundamentais:

  • que é o emprendedor/a e cales son as súas características.
  • elaboración dun plan de empresa, o denominado método CANVAS.
  • elección da forma xurídica da empresa.
  • cómo atopar financiamento para desenvolver a iniciativa.

Estas sesións do curso de Finanzas para mortais é parte do programa Eduemprende, e é un proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Fundación da Universidade de Cantabria. Un programa para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF), desenvolvido co Banco Santander, para estabecer un marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento para emprender.

Con esta actividade refórzase os coñecementos adquiridos no módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora e puideron resolver dúbidas en torno as distintas saídas laborais para a formación que reciben.

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'23.7"N 7°37'11.4"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies