O alumnado do CPR Belarmino Fernández Iglesias ven de recibir ao longo da última semana dúas formacións en liña orientadas a mostrar as distintas saídas laborais.
Actividades destinadas para as persoas matriculadas nos segundos cursos dos ciclos formativos de Grao Medio de Servizo en Restauración e o de Cociña e Gastronomía, así como os de Grao Superior de Vitivinicultura.
Charla formativa da FUAC
Por unha banda o luns, 8 de febreiro, desenvolveuse unha charla formativa sobre o plan de prácticas establecida pola Fundación da Universidade de A Coruña (FUAC), no que Laura Suárez, da área de emprego da FUAC, deu a coñecer unha visión do futuro laboral.
Empresa e Iniciativa Emprendedora
Este mesmo alumnado recibiu, os días 1 e 8 de febreiro, dúas sesións formativas Eduemprende incluídas no Plan de Emprendemento do Sistema Educativo de Galicia. Dúas sesións orientadas a fomentar o emprendemento e a cultura financeira. O relator Sergio Castro Prieto fixo fincapé en catro aspectos fundamentais:
Estas sesións do curso de Finanzas para mortais é parte do programa Eduemprende, e é un proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Fundación da Universidade de Cantabria. Un programa para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF), desenvolvido co Banco Santander, para estabecer un marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento para emprender.
Con esta actividade refórzase os coñecementos adquiridos no módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora e puideron resolver dúbidas en torno as distintas saídas laborais para a formación que reciben.