• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
Una biblioteca de 30.000 libros que cobra un nuevo impulso en Sober
20/05/2021
La directora de la escuela participará en el Foro de Turismo y Gastronomía de Baiona
25/05/2021
Mostrar todos

Unha biblioteca de 30.000 libros que cobra un novo impulso en Sober

20/05/2021

A Fundación Belarmino Fernández potenciará o seu papel de centro cultural

Aínda que é coñecida sobre todo por rexentar a escola de hostalería de Rosende -en Sober-, a Fundación Belarmino Fernández Iglesias conta desde os seus inicios cunha importante biblioteca formada actualmente por preto de 30.000 libros. Este fondo acábase de incrementar cunha doazón de máis de mil volumes feita polo propio presidente da entidade, o economista e catedrático da USC Luis Caramés Viéitez. A fundación planea agora modernizar a biblioteca e potenciar o seu papel como un centro bibliográfico e de estudos que poida ser aproveitado por investigadores e estudantes de diversas disciplinas.

O proceso de modernización da biblioteca, segundo indican desde a entidade, incluirá a catalogación informatizada e a posterior dixitalización dos seus fondos. Caramés apunta doutra banda, as actividades que pretende impulsar a fundación estarán relacionadas en gran parte con Latinoamérica e co mundo de lingua portuguesa. «Non hai que esquecer que o fundador, Belarmino Fernández Iglesias, desenvolveu a maior parte da súa carreira en Brasil», sinala. «Ademais do seu labor no mundo empresarial e da hostalería, foi mecenas e directivo do colexio español Miguel de Cervantes e da sociedade benéfica Rosalía de Castro en São Paulo», engade.

Con este obxectivo, a entidade ten previsto asinar en breve un convenio de colaboración coa fundación portuguesa Casa de Mateus para desenvolver conxuntamente iniciativas nos campos da formación e a cultura. «Estamos a estudar algunhas accesiones de intercambio de coñecementos que probablemente terán relación a actividade da escola de hostalería e co mundo do viño», di a este respecto o presidente. «Temos previsto colaborar tamén con outras institucións culturais de Europa e América Latina», agrega.

A fundación, así mesmo, proxecta acondicionar algúns espazos do pazo de Ribas -que alberga a súa sede, a escola e o centro bibliográfico- para aloxar a investigadores e estudantes interesados en servirse da súa biblioteca. «Pensamos tamén levantar algunhas novas edificacións con este obxecto», engade Caramés.

«É un centro bibliográfico importante, pero aínda pouco coñecido»

Luis Caramés ocupa dende hai uns tres meses a presidencia da Fundación Belarmino Fernández Iglesias.

-¿De qué tipo son os libros que doou á biblioteca?

-Son fundamentalmente obras de economía, socioloxía, política… E tamén hai obras de literatura. Unha parte destes libros son sobre América Latina, unha temática que ocupa un espazo importante no conxunto da biblioteca.

-¿Cómo se reuniron os demais fondos?

-Unha boa parte foron achegas do fundador e tamén houbo doazóns da Xunta, doutras institucións… É un centro bibliográfico importante, pero aínda pouco coñecido, e queremos que teña unha maior utilidade social. A fundación ten entre os seus principais obxectivos o de contribuír ao desenvolvemento económico, social e cultural do territorio en que se atopa, e pode facer moitas cousas nese sentido, ademais da formación que ofrece a escola de hostalería.

Entrevista publicada en La Voz de Galicia

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'23.7"N 7°37'11.4"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies