• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
“A Escola ensínache que o traballo e o esforzo son a clave para mellorar e conseguir as metas que un se marque”
28/12/2020
La Escuela Belarmino Fernández Iglesias mantiene su plan educativo cumpliendo con la nueva normativa de la Administración autonómica
15/01/2021
Mostrar todos

A Escola Belarmino Fernández Iglesias mantén o seu plan educativo cumprindo coa nova normativa da Administración autonómica

15/01/2021

A Escola Fundación Belarmino Fernández Iglesias mantén o plan formativo en todos os seus ciclos, unha vez aplicada a nova normativa da Administración autonómica publicada o 13 de xaneiro no DOG, e continuará impartindo clases coa normalidade establecida desde o comezo do ano educativo.

Rebeca Vázquez, directora da Escola e responsable COVID-19 do centro, destaca que as últimas restricións marcadas desde a Administración non afectan á formación, xa que “desde que comezou o curso 2020-2021 tanto os docentes como o alumnado réxense polas normas establecidas pola autoridade sanitaria. Pautas que foron establecidas e aplicadas desde o primeiro día e que adaptaron ás posteriores modificacións”.

Tendo en conta estas medidas, Vázquez indica que “ante as últimas novidades, a Escola atópase preparada, polo que as clases seguirán como ata o de agora totalmente presenciais, mantendo os protocolos e a distancia de seguridade”. Do mesmo xeito, engade, “está previsto que os exames sexan presenciais. Se as autoridades pasan a recomendar outra cousa o centro establecerá un sistema de avaliación en liña a través da aula virtual que este curso utiliza toda a comunidade educativa”.

Así pois, a Escola mantén o plan establecido en setembro e que lle permite seguir con normalidade e sen que se detectase ningún caso de COVID-19. “Grazas á responsabilidade do alumnado e profesorado”, indica a responsable da escola, que destaca que “neste centro as adecuacións foron dirixidas aos espazos comúns”. No que non se produciron modificacións foi na impartición dos módulos dos ciclos formativos de Grao medio de Cociña e Gastronomía e de Servizos en restauración e, así mesmo, no grao superior en Vitivinicultura.

Desde a Dirección do centro lembran que os alumnos, docentes e traballadores teñen a posibilidade de consultar todo o protocolo de actuación e continxencia do centro ante a actual situación sanitaria e un posible caso positivo a través da súa páxina web. Do mesmo xeito, entregáronse documentos de mobilidade cos que acreditar a súa condición de relación formativa ou laboral coa Escola a todos os membros da comunidade educativa para poder asistir diariamente a clases sen dificultade.

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'50.3"N 7°37'05.7"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies