CONVOCATORIA ERASMUS+ DOCENTES MOVE TO EU II
CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DE PARTICIPANTES NA ACTIVIDADE DE MOBILIDADE DE PROFESORADO DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO PARA CURSOS NO ESTRANXEIRO: CURSO A REALIZAR ATA OUTUBRO 2024
Proyecto: 2023-1-ES01-KA122-VET-000118361 BELARMINO MOVE TO EUROPE II
BASES DA CONVOCATORIA:
- NORMAS XERAIS
Bolsa para realizar cursos[1] de profesorado no estranxeiro, para profesorado de Ciclos Formativos de Grao Medio de Cociña e gastronomía e de Servizos en restauración dentro do programa Erasmus+ (Proxecto: 2023-1-ES01-KA122-VET-000118361 Belarmino move to EU II)
[1] Os cursos pódense solicitar nas seguintes webs https://itc-international.eu/erasmusplus/calendar-of-courses-2024#prague ou en https://www.schooleducationgateway.eu/en/pub/teacher_academy/catalogue.cfm.
Período de realización: Xaneiro-Outubro de 2024 (data límite de finalización 31/Outubro/2024)
Duración: estadía de 5 días (excluída viaxe)
Número de prazas: 3 (Países Grupo 3)
Prazo de presentación: ata o 17 de Decembro de 2023.
Países Destino:
- Grupo 3: Eslovenia, Estonia, Letonia, Croacia, Eslovaquia, Chequia, Lituania, Turquía, Hungría, Polonia, Rumania, Bulgaria, Macedonia do Norte, Serbia
O/a participante seleccionado/a recibirá o 80% da axuda antes da mobilidade e o 20% restante, unha vez presentadas e aprobadas a memoria final (que inclúe certificado da estadía) e a memoria Erasmus+
Contía das axudas:
As tarifas aplicables para aloxamento, manuntención e viaxe están publicadas en: http://sepie.es/doc/convocatoria/2023/HE/informacion_sobre_financiacion_de_proyectos_gestionados_por__sepie_2023.pdf
REQUISITOS DOS CANDIDATOS
Profesorado do Ciclo Formativo de Grao Medio en Cociña e gastronomía e Servizos en restauración.
- SOLICITUDE
Entregarase en prazo i en formato electrónico a seguinte documentación enviándoa ao correo electrónico cpr.belarmino@edu.xunta.gal con asunto Solicitud ERASMUS+
◊ Formulario de inscripción con proxecto formativo (Modelo solicitude profesorado cursos move to Europe) completo e firmado pola empresa de acollida
◊ Documentación acreditativa das competencias dixitais (TICs) segundo a Acreditación da Competencia Dixital Docente (CDD) ou Europass text your digital skills (https://europa.eu/europass/digitalskills/screen/home?referrer=epass&route=%2Fes&lang=es) (pdf)
◊ Documentación acreditativa das competencias lingüísticas (pdf)
- ÓRGANOS DE SELECCIÓN
Comisión de Mobilidade formada por:
◊ Directora do Centro e coordinadora de proxectos internacionais.
◊ Titores dos módulos de Formación en Centros de Traballo (FCT) para cada Ciclo Formativo implicado.
◊ Titores dos primeiros cursos dos Ciclos Formativos implicados.
- CRITERIOS DE SELECCIÓN
Serán seleccionados/as segundo os criterios seguintes coas cuantificacións e ponderacións que se indican:
NOTA: Se houbese máis candidatos que prazas ofertadas formarán parte dunha listaxe de substitución.
- MEMORIAS
◊ Entregarase unha memoria final, que inclue o certificado de estadía, no prazo dun mes a partir da data de finalización da estadía formativa según o seguinte anexo Memoria final profesorado cursos move to Europe.
◊ Ademais se cumplimentará online unha memoria para Erasmus+.
- PUBLICACIÓN LISTA PROVISIONAL: 18/12/2023
- PRAZO DE RECLAMACIÓN: Dende o 18/12/2023 ata o 20/12/2023
- PUBLICACIÓN LISTA DEFINITIVA: 21/12/2023
…….Publicarase neste sitio web………
Consulta aquí o listado provisional
Consulta aquí o listado definitivo
Contacta con nosotros
En la Fundación Belarmino estaremos encantados de aclarar tus dudas o enviarte información.