• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
“O curso de técnico superior en vitivinicultura permite que os alumnos se acheguen a todas as áreas do sector”
19/11/2020
El presidente de la Fundación Belarmino ofrece una conferencia al alumnado el 9 de diciembre
04/12/2020
Mostrar todos

Luis Caramés participa no I Ciclo de Conferencias Aída Fernández Ríos

20/11/2020

O presidente da Fundación Belarmino Fernández Iglesias e académico numerario da Real Academia Galega de Ciencia (RAGC), Luís Caramés Viétez, será o relator de “Incerteza e ciclo económico”, charla enmarcada no I ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos para o 26 de novembro ás sete da tarde.

Unha webinar na que o catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela expoñerá a situación actual ante un público heteroxéneo xa que a inscrición esta aberta a todas as persoas interesadas. Un encontro incluído nun bloque de conferencias que correrán a cargo de persoas de recoñecido prestixio en distintos ámbitos e que falasen de Sanidade; o cambio de hora; Intelixencia Artificial, as aplicacións das cadeas en bloques e pesca, acuicultura e biotecnoloxía.

Estas propostas completásense cun segundo bloque de actividades dirixidas a estudantes de ESO, de centros de ensino da provincia de Pontevedra, para os que están previstas as conferencias: Os peixes tamén van ao médico, Exoplanetas, o reto da procura da vida máis aló do sistema solar; CSI Made in Galicia; A que altura esta o ceo? e Detectives de imaxes.

Un conxunto de actividades organizadas pola RAGC e a Deputación de Pontevedra co obxectivo de promover o interese do público xeral, e promocionar o labor científico desenvolvido en Galicia. A RAGC leva organizando actividades, cursos e ciclos de conferencias en toda a comunidade galega desde a súa fundación no ano 1973, e en liña cos seus obxectivos (difundir a ciencia e a tecnoloxía) pretende instaurar este ciclo de conferencias no que se abordan distintas temáticas con repercusión na sociedade.

Para formalizar as inscricións e máis información pode consultar aquí.

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'23.7"N 7°37'11.4"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies