Onte, 21 de Novembro de 2024, unha das nosas alumnas do Ciclo Formativo de Grao Medio de Servizos en restauración, Isadora Calaça participou no III Trofeo “Xóvenes Talentos” de Coctelería creativa organizado pola Asociación Galega de Barmen (AGABA).
O concurso tivo lugar no CIFP Compostela e Isadora presentou ao xurado un cóctel baixo o nome de “Sol de Mandarina”· co que foi galardonada co segundo posto.
Aquí vos deixamos a súa presentación do cóctel:
Parabens Isa!!! Moi orgullosos/as de ti.