• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
Técnico en Servicios de Restauración y Técnico en Cocina y gastronomía: Formando profesionales orientados hacia la excelencia
29/07/2021
La Fundación Belarmino tendrá presencia en la Feria del Vino de Sober
29/07/2021
Mostrar todos

Técnico en Servizos de Restauración e Técnico en Cociña e gastronomía: Formando profesionais orientados á excelencia

29/07/2021

Sendo Galicia un destino tradicionalmente turístico, non é de estrañar que a demanda de profesionais en hostalería e restauración evolucionase nos últimos anos de forma paralela e ao mesmo ritmo que as esixencias do mercado. Cada vez máis, profesionais con formación específica relacionada coa hostalería e a restauración son demandados, aos que se lles esixe responsabilidade, polivalencia e unha clara orientación ao cliente.

O CPR Belarmino Fernández Iglesias é unha das institucións destacadas dentro da formación neste campo, que dentro da súa oferta inclúe o ciclo medio de Servizos en Restauración, un título que permite aos estudantes adquirir competencias relacionadas tanto coa preparación e servizo de alimentos e bebidas, así como coa atención á clientela, sempre respetando as normas establecidas.

A evolución no sector fai patente a necesidade de profesionais que teñan capacidade de abranguer un gran número de tarefas, cunha actitude de autoformación e mellora constante, que ademais se desenvolvan nunha contorna cada vez máis competitiva. Por iso, a institución foi avanzando cos tempos, innovando nos seus procesos de formación, consolidándose así como un sinónimo de calidade dentro do sector hostaleiro.

Ademais da formación teórica, o alumnado que opta por estudar na nosa escola consigue unha preparación práctica para o mundo laboral, sempre orientada cara a excelencia. Para iso, durante o curso fanse numerosas actividades que permiten a interacción de alumnos/as dos diferentes ciclos, o que da aos estudantes unha perspectiva aproximada da realidade das necesidades e esixencias da profesión.

Na busca constante de sinerxias con diferentes empresas galegas por parte da Fundación e a escola, lévanse a cabo numerosas colaboracións con compañías do sector da alimentación e bebidas. Estas accións, habitualmente, compóñense dunha fase máis teórica, nas que os alumnos e alumnas coñecen ao detalle as propiedades dos produtos e como empregalos, e unha parte práctica na que a elaboración e pratos ou a presentación ao cliente permítelles adquirir unha maior bagaxe que os distinguirá no futuro dentro do mercado laboral.

Ademáis o Centro ten en marcha dous proxectos Erasmus+ (Belarmino Move to Europe e EVT Fundación Belarmino Fernández Iglesias Hostelería Ribeira Sacra) mediante os cales o alumnado e o profesorado do Centro poden realizar prácticas en diferentes países europeos tales como Finlancia, Irlanda e Italia, desta forma os alumnos/as poden analizar o sector e a súa evolución en diferentes zonas do mundo, así como adaptar os coñecementos adquiridos á realidade hostaleira no noso país.

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'23.7"N 7°37'11.4"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies