Os vindeiros días 29 e 30 de maio terá lugar o I Encontro de Mercados Baiona & Ribeira Sacra no Mercado Praza de Abastos de Baiona.
A directora da escola de hostelería Belarmino Fernández Iglesias, Rebeca Vázquez Iglesias, será unha das participantes da mesa redonda que iniciará este foro de turismo e gastronomía, na que se tratarán temas como as perspectivas e retos dos destinos, as claves do novo escenario turístico ao que nos enfrontamos no contexto actual ou as estratexias de difusión e marketing turístico.
Durante toda a fin de semana celebraranse actividades relacionadas coa gastronomía e o viño, como maridaxes, catas ou menús degustación.