EXPERIENCIAS ERASMUS+
Hoxe queremos compartir a entrevista que lle fixemos a Rebeca (Coordinadora dos Proxectos Eramus+) con motvio do seu job shadowing en Países Baixos:
Onde fuches de Erasmus+ e canto tempo?
Rebeca: Estiven unha semana en Países Baixos, primeiro estiven en Ámsterdam, despois me desplacei a Leeuwarden onde estiven nun Centro educativo que imparte ensinanzas similares ás nosas e finalmente regresei a Ámsterdam para continuar visitando empresas do sector.
Cal era o motivo do teu Erasmus+??
Rebeca: No meu caso, hai duas razóns importantes para a realización desta mobilidade, unha como docente que me permite coñecer como é a ensinanza nos Países Baixos e que è o que demandan alí as empresas dos/as alumnos/as para poder aplicalo nas ensinanze que impartimos e outra porque son a coordinadora e responsable de os proxectos Erasmus+ do Centro e ademais de consolidar e ampliar a nosa rede de socios, tamén pretendo unha maior internacionalización do noso Centro que nos permita poder seguir levando a cabo mobilidades de alumnado e docentes, pero que tamén os profesores e estudantes europeos poidan vir visitarnos e realizar as súas mobilidades aquí ademais de dar a coñecer unha zona do rural chea de encanto e posibilidades como é a Ribeira Sacra.
Cómo foi a experiencia?
Rebeca: A experiencia foi moi positiva i enriquecedora non so a nivel profesional senón tamén persoal. Poder coñecer outras formas de traballo, outra cultura, a sua gastronomía e sobre todo aprender, porque ás veces se cree que os docentes so ensinamos pero tamén aprendemos i eu neste caso recibín formación en TICs, coñecemento do sistema educativo holandés e das empresas de hostelería..
Tiveches algún problema para comunicarte noutra lingua diferente á tua?
Rebeca: No, entre o español i o inglés pude comunicarme perfectamente, senón sempre nos queda o tradutor online, verdade? (RISAS).
Cómo crees que te vai axudar a nivel persoal e profesional participar nun proxecto Erasmus+?
Rebeca: Como xa indicaba foi unhe experiencia moi enriquecedora, aprendín sobre realidade virtual na ensinanza que se podría utilizar no noso Centro, coñecín o que demandan as empresas hosteleiras i eso me sirve tamén para dar unha maior calidade na miña docencia, así que volvería a repetir.
Como coordinadora dos proxectos Erasmus+ cál é a valoración que fas para o propio Centro Educativo?
Rebeca: Positiva, moi positiva, xa que se consiguiron os objectivos fixados de ampliar a rede de socios, buscar unha maior internacionalización do noso Centro e tratar de mellorar os proxectos Erasmus+ para próximas convocatorias, así como incluir no noso Centro novas actividades empregando as TICs.
Qué recomendación lle darías a outros profesor@s/alumn@s do Centro para que se animen a solicitar e realizar un Erasmus+?
Rebeca: Eu, simplemente lles diría que non o pensen, aos profesores que deixen a posición cómoda de estar so no nosos Centro xa que é moi conveniente reciclarse e actualizarse en técnicas do sector que poidan axudar a unha maior profesionalización do noso alumnado e que tamén lles vai vir bien practicar idiomas, coñecer outros países, que é a oportunidade que nos dan os programas Erasmus+.
E ao noso alumnado que non deixen pasar esta oportunidade que lles brindamos, que ademais de crecer como persoas lles vai abrir moitas portas no mundo laboral xa que hoxe as empresas queren xente máis preparada e con idiomas a pesares de ser unha escola pequena e no rural ofrecemos a beca Erasmus+ para que poidan ir a un país estranxeiro (outros Centros, a día de hoxe, non contan con estos programas).
Se tiveras que darlle unha puntuación do 1 ao 10 á experiencia vivida no país de acollida, cal sería?
Rebeca: Un nove, cóstame dar o dez (RISAS), é de profesión.
Grazas Rebeca.
A nosa alumna Emanuelly voltou do seu Erasmus+ en Dublín e lle fixemos unha entrevista para que nos conte a súa experiencia. Aquí vola deixamos:
Onde fuches de prácticas Erasmus+ como recén titulada e canto tempo ?
EMANUELLY: Funme a Dublín (Irlanda) durante tres meses.
Como foi a experiencia de realizar prácticas sendo xa titulada en Cociña e gastronomía?
EMANUELLY: A verdade que foi bastante fácil adaptarme ás tareas xa que tiña unha base que adquirira durante o meu curso na escola e simplemente houbo que poñelo en práctica. Ao fin e ao cabo, a base da cociña irlandesa era bastante similar á española, e o que non sabía ou era un pouco diferente me lo explicaban i ensinaban.
Crees que esta oportunidade de seguir aprendendo nun restaurante de outro país é boa para o teu futuro profesional?
EMANUELLY: Dende o meu punto de vista sí, ao vivir esta experiencia demostras que es unha persoa que sabe adaptarse, que es capaz de adquirir e usar os teus coñecementos nun novo ambiente no que tes moitos factores que son difíciles coma o idioma, un equipo diferente e produtos que quizáis non os soes utilizar ou consumir habitualmente. Estas son cualidades que as empresas valoran á hora de elexir a un novo membro para os seus equipos.
Se tiveses a oportunidade, repetirías esta experiencia no mesmo lugar?
EMANUELLY: Sí, sin duda a repetiría. Dublín é unha cidade marabillosa con un montón de cousas que ver e facer.
Ademais, na época do ano na que fun (Halloween, nadal e fin de ano) había moitas actividades i eventos para poder disfrutar no tempo libre.
En canto ao hotel onde fixen as prácticas, todos me acolleron moi ben. O equipo era multicultural polo que a adaptación foi máis fácil.
Por outro lado, permitíronme estar en todos os departamentos dentro da cociña polo que se fixo moi ameno traballar e así, aprender de todo un pouco.
Qué recomendacións lle darías a outros profesores/alumn@s do Centro para que se animen a solicitar e realizar un Erasmus+?
EMANUELLY: Que si cren que é o momento de cambiar de ambiente, e ademais teñen gañas de aprender, é a oportunidade perfecta para facelo. É unha experiencia que merece a pena xa que coñeces outra cultura, gastronomía, persoas…..
Se tiveras que darlle unha puntuación do 1 ao 10 á experiencia vivida no país de acollida, cal sería?
EMANUELLY: A miña nota sería un 8. O mejor desta experiencia é sin duda as persoas que coñecín e aprender inglés dunha forma máis amena ao ter que poñelo en práctica.
E para finalizar, danos a túa opinión sobre os Erasmus+ e como deberíamos mejollar no noso Centro?
EMANUELLY: Considero que os presupostos dos Erasmus+ se debería adaptar mellor aos destinos que hai, xa que se tes que ir a un país onde o coste de vida é máis caro o diñeiro que te proporcionan é insuficiente. Tamén estaría ben ter un bonus para poder visitar os sitios culturais (museos, catedrais, parques, teatros...) da cidade e non ter que gastar da bolsa para poder facelo.
No tocante á plataforma OLS, pareceume moi básico os cursos que ofrecían i era difícil de entender o seu funcionamento.
O centro educativo fixo unha boa xestión a pesares dos contratempos que foron aparecendo antes e durante o proxecto. Estiveron atentos a todas as miñas dúbidas e pendentes de cualquera cousa que surxiu.
Grazas Emanuelly.
O noso alumno Hugo voltou do seu Erasmus+ en Arezzo e lle fixemos unha entrevista para que nos conte a súa experiencia. Aquí vos queda:
Onde fuches de prácticas Erasmus+ como recién titulado e canto tempo ?
HUGO: Estiven de prácticas no resturante Porcavacca en Arezzo (Italia) durante tres meses.
Como foi a experiencia de realizar prácticas sendo xa titulado en Cociña e gastronomía?
HUGO: Foi moi boa, eu xa estivera faciendo as miñas prácticas FCT en Finlandia en Marzo e a escola deume a oportunidade de ir a Italia cando rematei os meus estudos i eso supoñía coñecer outra gastronomía diferente á dos países nórdicos pero máis similar á nosa, así que volvín facer a maleta para seguir aprendendo e aínda que ao principio o italiano me costaba un pouco, no restaurante puxéronmo moi fácil e todos me axudaron moito e me trataron moi ben.
Crees que esta oportunidade de seguir aprendendo nun restaurante doutro país é boa para o teu futuro profesional?
HUGO: Por supuesto, aprendín un estilo de cociña e técnicas que en España non podería aprender. Ademais ao estar nun país estranxeiro tes que utilizar outra lingua diferente ao castelán ou ao galego i eso tamén creo que me axudará para outros traballos xa que hoxe en día todo o mundo quere persoal con idiomas.
Se tiveses a oportunidade, repetirías esta experiencia no mesmo lugar?
HUGO: Sí, por suposto.
Qué recomendacións lle darías a outros profesores/alumn@s do Centro para que se animen a solicitar e realizar un Erasmus+?
HUGO: Que se animen a solicitalo porque merece a pena coñecer outras técnicas culinarias, outras culturas, outros países, practicas idiomas, fas amigos i é unha experiencia que todo o mundo debería probar.
Se tiveras que darlle unha puntuación do 1 ao 10 á experiencia vivida no país de acollida, cal sería?
HUGO: Un 10 sen duda.
E para finalizar, danos a tua opinión sobre os Erasmus+ e como deberíamos mellorar no noso Centro?
HUGO: Os Erasmus+ me parecen experiencias moi enriquecedoras nas que se aprende moito tanto do traballo que se realiza como do país que se está visitando.
O Centro púxomo moi fácil antes e durante toda a miña estancia en Italia, sempre estiveron pendientes de mí, facilitáronme o acceso á plataforma OLS para que aprendese Italiano, ainda que a verdad é que non me foi moi útil, é un pouco caótica e sería bo que tivese actividades de speaking ou como se diría en italiano di parlare più.
Grazas Hugo.
Dónde fuiste de Erasmus+ y cuánto tiempo?
REBECA: Fui una semana a Helsinki (Finlandia).
Cuál era el motivo de tu Erasmus+?
REBECA: Conocer el funcionamiento de otro Centro de FP en el extranjero donde se impartan enseñanzas similares a las de nuestra escuela para así poder ver las diferencias y similitudes que nos sirvan para mejorar en nuestro Centro. Además, como coordinadora de los proyectos Erasmus+ también me interesaba aprender de otros Centros más experimentados en este tipo de proyectos para ver cómo los gestionan, obtener ideas y seguir incrementando nuestra red de socios al mismo tiempo que nos permite una mayor internacionalización, lo que será beneficioso para toda la comunidad educativa y para los empresarios/as que contraten a nuestro alumnado.
Cómo fue la experiencia?
REBECA: Maravillosa, se puede aprender mucho de un país que está a la cabeza en cuestión de temas educativos y que favorecen que todo el alumnado pueda ampliar sus conocimientos en otros países.
Tuviste algún problema para comunicarte en otra lengua diferente a la tuya?
REBECA: No, allí todo el mundo habla inglés e incluso algunas personas también hablan español, así que la comunicación fue sencilla.
Cómo crees que te va a ayudar a nivel personal y profesional haber participado en un proyecto Erasmus+?
REBECA: A nivel personal es una experiencia que te permite mejorar las competencias lingüísticas, que te hace conocer otras culturas, otras formas de vida y que favorece las relaciones personales y a nivel profesional me sirve para ser más competente, me ayuda a gestionar los proyectos de una mejor manera para que sean beneficiosos para nuestro alumnado y profesorado.
Qué recomendaciones le darías a otros profesores/alumn@s del centro para que se animen a solicitar y realizar un Erasmus+?
REBECA: Es una experiencia única y maravillosa que todo el mundo debería experimentar y que les va a servir para su labor docente y su vida personal.
Si tuvieras que darle una puntuación del 1 al 10 a la experiencia vivida en el país de acogida, cuál sería?
REBECA: Un 9 siempre hay alguna cosilla que se puede mejorar (risas)
En colaboración con el Servicio Español para la internacionalización de la Educación (SEPIE)
Los proyectos EVT FUNDACIÓN BELARMINO FERNÁNDEZ IGLESIAS HOSTELERÍA RIBEIRA SACRA, EUROVITICULTURA y BELARMINO MOVE TO EUROPE están cofinanciados por el programa Erasmus+ de la Unión Europea. El contenido de esta información es responsabilidad exclusiva de la Fundación Belarmino Fernández Iglesias y ni la Comisión Europea, ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.
Contacta con nosotros
En la Fundación Belarmino estaremos encantados de aclarar tus dudas o enviarte información.