• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
O papo louro e as camelias
10/02/2021
Presente y futuro de la vitivinicultura gallega reunidos por la Escuela Belarmino Fernández Iglesias
15/02/2021
Mostrar todos

O mundo da cervexa achégase á Escola da man de Estrela Galicia

11/02/2021

O alumnado do Ciclo Formativo de Grao Superior de Vitivinicultura e o de Grao Medio de Servizos en Restauración recibiron unha charla en liña sobre o mundo da cervexa, da man do técnico de Cultura de Cervexa Hijos de Rivera, Carlos Ávila.

Unha actividade na que se transmitiron nocións sobre os distintos tipos de cervexa, así como o servizo que se debe ofrecer con cada unha delas e a maridaxe máis aconsellada para cada variedade. A formación contou tamén cunha cata guiada de cervexas de tipo lager, ale e lambic.

Carlos Ávila explico aos asistentes como é o proceso de produción da bebida: os produtos empregados na elaboración dos distintos tipos de cervexas.

Durante a xornada deuse a coñecer como é o servizo das diferentes bebidas elaboradas a partir do gran da cebada e a importancia destas modalidades para que conserven todos os seus atributos. Do mesmo xeito o alumnado recibiu formación sobre os distintos tipos de envasados e botellas, a conservación que necesitan e como debe ser a presentación ante os clientes.

Asemade o responsable da área de Cultura da empresa de Estrela Galicia explicou aos asistentes as distintas formas de conservar a cervexa e como se pode atopar en tendas especializadas e en establecementos hostaleiros.

Unha interesante xornada que achegou ás alumnas e alumnos ao mundo da cervexa grazas a Hijos de Rivera.

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'23.7"N 7°37'11.4"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies