O proxecto Erasmus+ “Young and Commited to the Common Good in Europe” básase no aprendizaxe permanente e o desenrolo persoal dos xóvenes a través de talleres de aprendizaxe informal (nocións de ciudadanía e eco-ciudadanía, solidaridade e cohesión social…) A través destos talleres participativos e de aprendizaxe non formal, os participantes descubren os diferentes aspectos da solidaridade europea, desenrolan su empatía e altruismo, e se lles anima a descubrir e comprometerse con causas solidarias da súa elección (por exemplo, a prevención da delincuencia, a protección do planeta, a protección dos nenos, os dereitos humanos, etc.). Os participantes tamén teñen a oportunidade de descubrir e participar en proxectos sociais en España e Francia e, por tanto, tomar conciencia cultural e social das prácticas de cada país. Por exemplo, visitan bancos de alimentos e/ou centros de acollida para inmigrantes co fin de crear unha percepción colectiva da vida na sociedade europea e desenrolar o seu espíritu de ciudadanía, pero tamén para comprender mellor os diversos problemas sociais e as respostas dos distintos países europeos.
Durante o programa, os participantes seguen talleres co obxecivo de introducir e reforzar métodos de comunicación positiva, mecanismos de cooperación e traballo colectivo.
O obxectivo é sensibilizar aos xóvenes sobre os temas de actualidade e axudarlles a encontrar unha causa que lles resulte cercana para que se impliquen en grupo na realización dun mini proxecto de ciudadanía. Estes proxectos de ciudadanía tamén pretenden desenrolar o sentimento de orgullo, logro e empoderamento dos participantes nun proxecto de interés xeral, así como animarlles a continuar con su compromiso cívico unha vez finalizado o intercambio. Con sorte, algúns dos participantes poden encontrar tamén unha nova vía profesional (no traballo social ou a cooperación internacional, por exemplo).
Sábado tarde noite os nosos dous monitores Paqui e Alex viñeron a recollernos á nosa ciudade A Coruña, ía empezar unha semana de intercambios cos nosos homólogos en Francia, sen embargo, folga de personal dunha compañía aérea á que non lle imos facer publicidade, fixo que non puidesen vir a desfrutar desta experiencia con nós. Así que nos montamos no autobús para dirixirnos a Monforte de Lemos, en plena Ribeira Sacra, onde durante 10 días imos realizar a nosa estadía Erasmus+. Como chegamos moi cansos, fúmonos directos ao Albergue Santiago a descansar e a durmir, porque o domingo ía ser un día largo.
Levantámonos e para empezar o día con enerxía tomamos o almorzo no propio albergue.
Despois dirixímonos ao centro do Viño Ribeira Sacra onde se iba a desenrolar na sala de conferencias a primeira xornada sobre o tema da SOLIDARIDADE HUMANA, UN VALOR FUNDAMENTAL, pero antes, e aproveitando a nosa camiñata dende o albergue, fixemos unha parada na Puente Romana para tomar unhas cantas fotos nun lugar emblemático da cidade do Cabe.
Chegamos ao Centro do Viño, un edificio histórico do Século XVIII que hoxe en día alberga o Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra, e a oficina de turismo, pero anteriormente era o concello da cidade. Ten unha serie de salas todas ó redor dun patio central.
E comenzamos a primeira sesión onde tivemos que investigar sobre a cidadanía, a súa etimoloxía, a solidaridade e diferentes valores que se nos propuxeron.
Despois de xantar no Restaurante O Pincho visonamos a película “Cadena de favores” e realizamos unha búsqueda do tesouro pola cidade basada nos temas tratados pola mañá. Logo cea e á cama a cargar pilas para o día seguinte.
Despois do almorzo tocaba coñecer máis a fondo a cidade onde estamos pasando a nosa estancia. Os monitores propuxéronnos o reto do selfie, onde tiñamos que movernos por toda a cidade sacándonos fotos nos lugares máis emblemáticos.
A media mañá a Primeira tenente de alcalde do Concello de Monforte de Lemos, Dña. Gloria Mª Prada recibiunos no salón de plenos do Concello de Monforte para darnos a benvida a estas terras e responder as nosas preguntas sobre os ciudadáns desta localidade. E rematamos a mañá visitando o centro de atención ao peregrino xa que por Monforte pasa o Camiño de Inverno.
Xa pola tarde visitamos o Pazo Molinos de Antero, onde puidemos coñecer parte da historia e dos costumes e usos do pobo monfortino de fai 300 anos, vimos o arquivo histórico e finalizamos con unha interacción co grupo de teatro interxeracional TEATREIRAS, da Asociación Cultural Teatreiras.
Logo cea e pa cama que mañá seguiremos, pero qué nos tenrán preparado???? Nunhas horas o sabremos.
Un novo día comenzaba como sempre co almorzo no albergue. De ahí puxemos rumbo ao centro de interpretación do viño (tranquilos que sabemos que somos menores e non podemos beber), onde iamos coñecer unha cultura moi arraigada entre tódolos ciudadáns desta zona: A Ribeira Sacra. A guía fíxonos un paseo por tódalas instalacións onde puidemos ver cómo se cultiva o viño nas ladeiras dos Ríos Miño, Sil, Cabe, Mao e Bibei, descubrimos o qué é a Viticultura Heroica, aprendemos que os viticultores chaman ás terrazas con diferentes nomes segundo na zoa onde se atopen (terrazas, socalcos, pataos…), coñecemos as diferentes uvas que se poden traballar dentro da Denominación de orixen e descubrimos que as predominantes son as uvas tintas, tivemos tamén a posibilidade de experimentar as sensacións que se poden ter no referente a aromas cando se hulen os viños e a verdade que foi unha experiencia moi enriquecedora.
Despois de repoñer forzas coa comida e descansar un pouco dirixímonos ao Malecón, unha zona xunto ao río Cabe onde a arboreda nos permitía realizar diferentes xogos cooperativos xunto cos membros da Asociación cultural Teatreiras cobixados á sombra de diferentes árbores, ademais de aprender que o traballo en equipo ten a súa recompensa (sobre todo cuando se trata de moverte cun globo xunto a un compañeiro/a sen que se caia, jajaj), divertímonos moito. Foi xenial!!!
Hoxe o día empezaba con moito sol, o que nos facía prever que íamos ter un día de moita calor e na Ribeira Sacra, o verán é así con temperaturas moi altas, así que nos propuxeron unha xornada diferente para disfrutar da praia, sí sí como o oes, praia no interior. Despois de almorzar montámonos no autobús e a primeira parada foi para visitar a presa máis alta de Europa, a presa de Belesar, é impresionante a altura que ten e dende alí podense ver algúns dos viñedos que xa onte vimos en fotos no Centro de Interpretación do Viño, pero empezamos a ser máis conscientes do que supón cultivar a vid nesas ladeiras, agora entendemos o nome de Viticultura Heroica!!!. Despois dirixímonos á Praia da Cova que está situada xunto ao meandro coñecido como O cabo do Mundo. E nós que pensabamos que a fin do mundo era Finisterre, e non sabíamos que no interior de Lugo tamén está a fin do mundo!!!. Ao principio pensamos que a agua ía estar conxelada, pero nós que somos de A Coruña xa sabemos o que é a agua fría e non nos deixamos asustar. Pero a sorpresa levámola ao comprobar que estaba boísima, así que disfrutamos de varios xogos na auga. É un lugar super chulo, que vos recomendamos que vaiades visitar e ademáis alí podedes practicar diferentes deportes acuáticos. Merece a pena!!!
Pola tarde tivemos visita cultural ao Pazo de Tor un edificio de estilo barroco do século XVIII pero que conta con armaduras dos séculos XIV e XV así como unha importante colección de pinturas do XVI. Debido a que o seus mobles i enseres se conservan en perfecto estado permitiunos saber cómo era a vida dos seus habitantes naquela época. Outra desas visitas que recomendamos ás persoas que vaian a Monforte de vacacións porque ademáis ten unhas vistas do Valle de Lemos.
Bueno, por hoxe xa non temos máis que contar, ímos a durmir coas gañas de saber qué nos tendrán Paqui e Alex (os nosos monitores) preparado para mañá.
Estes días en Monforte ten lugar o festival Fancine e nós tamén quixemos ser partícipes diso. Pola mañá e para refuxiarnos da calor que estes días vai, quédamonos no albergue e vimos a película “O Club dos Incomprendidos”, unha peli que nos mostra que as diferencias entre persoas non deben ser un problema e que a amistade sempre xoga un papel moi importante. Ó finalizar puxemos en común as distintas aprendizaxes que podíamos sacar da película
Pola tarde seguimos con cine, primeiro vimos unha exposición que hai adicada aos videoxogos e ó cinema dos anos 80-90 xa que están co Festival Fancine de Monforte, qué diferentes eran os vídeoxogos desa época aos que tenemos agora!!! pero tamén molaban.
E logo demos un paseo en barcas polo Cabe, cómo cansan os remos!!!
Despois de cear volveremos ao parque a ver cinema ao aire libre e desfrutar das pelis que están poñendo no FanCine, ainda que non nos iremos moi tarde a durmir que mañá é outro día.
Hoxe coñecemos o labor de diferentes ONGs que traballan non só en Monforte senón tamén a nivel internacional, así como outras asociacións que sen ser unha ONG contan con voluntariado.
Empezamos a mañá coa charla de Cáritas Monforte que nos falaron do labor que fan para axudar ás persoas máis necesitadas de toda a comarca de Lemos, teñen tres líneas principais de traballo:
A continuación foi o turno de Taller de Solidaridade, unha ONG que trata de empoderar ás mulleres e aos colectivos máis vulnerables fomentando a loita pola igualdade.
E rematamo-la mañá con Cruz Roja Monforte. Todos sabemos que é unha organización que actúa a nivel internacional pero tamén fai cousas moi interesantes a nivel local como axudar coa inclusión social, ao desemprego e que ó igual que cáritas conta cun banco de alimentos, roupa e xoguetes para as persoas máis necesitadas.
Xa pola tarde O Recuncho das verbas nos contaron o seu labor de axuda e voluntariado sen formar parte dunha ONG.
Todos sabemos que axudar é marabilloso pero non nos deramos conta de que moitas veces pensamos que somos demasiado xóvenes para eso pero con pouco que podamos facer polos demáis pódese convertir nunha gran axuda para outras persoas.
A nosa tarde finalizou cunha visita e entrevista na emisora de Radio Monforte, non veas os nervios que pasamos ao estar frente aos micrófonos.
Seguid atent@s que mañá os contamos máis.
Esta mañá levantámonos e despois de almorzar puxemos rumbo á Escola de Hostelería de Rosende, alí recibíronnos e nos deron a benvida o alcalde de Sober D. Luis Guitián e Rebeca, a directora da escola, coñecemos as instalacións, o pazo e nos contaron curiosidades do seu fundador e logo chegou o momento de poñernos entre fogóns nun centro profesional. A principios de semana nos preguntaran por recetas galegas, porque se supón que hoxe ía ser un día de intercambio total, nós íamos elaborar pratos típicos da nosa terra e os nosos compañeiros franceses farían o mesmo cos seus, pero como vos contei ao principio do noso diario, no puideron vir, así que elaboramos os pratos para todos nós. Foi unha experiencia guay, fixemos pulpo á feira, tortilla, pimentos de padrón, filloas, tarta da avoa e nos rimos un montón cando ó meter o pulpo na olla lle sairon rizos, ben a verdade é que se encolleron os rabos do pulpo pero parecía que lle fixeramos a permanente, jajajajaja.
Non o sei pero despois de esta experiencia ao mellor algún de nós opta por seguir estudos para convertirse nun o nunha auténtica chef, e esta escola é un bon sitio para estudar, pensarémolo.
Despois de comernos todo o preparado, fumos á piscina de Sober, porque si estos días ía calor, non vos imaxinades o que fixo hoxe!!!
Y mañana que tendremos? Seguid atent@s y os lo contaremos
Xa amanece con moito ☀️. Menudo calor que vai nestas terras 🥵
Hoxe os nosos monitores tíñanos preparado un scape room para coñecer A Ribeira Sacra, onte pola noite xa tivemos que empezar a resolver a primeira proba que nos daría o comenzo do xogo.
Recollemos a mochila en Ferreira de Pantón e ahí empezou a nosa aventura. Comenzamos visitando o monasteiro das Bernardas onde tivemos que ir resolvendo diferentes probas. Coñecemos os molinos do Xábrega onde se agradecía estar no medio dun bosque porque aínda que seguía facendo moita calor había algo de sombra. Continuamos polos Chancis, menudas vistas dos Cañóns dol Sil😍😍😍
Como íamos no autobús houbo zoas onde non podíamos chegar pero aínda así resolvemos todas as probas.
Temos que dicir que a experiencia gustounos moito pero se repetimos conr este ou otros scape room en Ribeira Sacra será noutra época cando as temperaturas sexan máis baixas😉
Mañá é o noso último día por aquí así que o disfrutaremos como fixemos todos estes días.
Hoxe foi o noso último día desta primeira parte da experiencia que o programa Erasmus+ nos ofreceu. Grazas o SEPIE e ó Erasmus Plus Programme pudiemos pasar uns días moi agradables, coñecimos o valor da solidaridade e o voluntariado, fixemos actividades de todo tipo, ampliamos os nosos coñecementos e o mellor de todo foi o que disfrutamos todos xuntos, esas rías que nos botamos, esas 24 horas que compartimos dende o momento que nos subimos o autobús. Agradecemos o labor dos monitores, a acollida que nos deu a Fundación Belarmino Fernández Iglesias e a todas aquelas institucións que fixeron que a nosa estadía fose moi agradable. GRAZAS
Mañá tocará coller o bus de volta para A Coruña, pero en moi poucos días a nosa aventura continuará noutro país, Francia, onde nos esperan os chic@s que tiñan que compartir este días con nós pero que non puido ser.
Sábado pola tarde empezaba unha nova aventura para tod@s nós: Estrasburgo nos esperaba!!!
Dende A Coruña nos diriximos a Santiago de Compostela para coller o avión que nos ía levar a Francfurt para despois ir en autobús cara o noso destino: Estrasburgo, sen embargo, a nosa saida se retrasaba, xa pensamos que nos ían deixar en terra como pasara cos nosos compañeiros cando tiñan que vir a España, xa que volabamos coa mesma compañía aérea e tod@s sabedes que seguen en folga, pero despois dun largo retraso por fin puidemos despegar.
Xa de noite chegamos ao noso destino un pelín cansos así que nos fomos a dormir que hoxe domingo empezaba a aventura.
Pola mañá e despois de cargarnos de enerxía co almorzo tocaba, esta vez sí, xogos de comunicación non verbal sobre estereotipos cos nosos compañeiros franceses para coñecernos e aprender uns dos outros, así era o comenzo da nosa aventura Erasmus+ nun país diferente ao noso. Xa pola tarde os monitores nos tiñan preparado unha búsqueda do tesouro pola cidade para así poder coñecela e de paso continuar co tema do noso proxecto: A Solidaridade.
👀 Seguid atent@s que mañá vos contamos máis
Hoxe os monitores propuxéronnos diferentes xogos lingüísiticos para o que nos dividiron en grupos, esto é unha experiencia que nos permite perder o medo a falar en público.
Logo tocaba o tema da reciclaxe, algo que todos deberíamos aproveitar porque non só nos permite dar unha nova utilidade a un producto senón tamén que nos axuda a disminuir o consumo de recursos da natureza, ademais de aforrarnos diñeiro 😉 e para finalizar a mañá fixemos xogos sobre produccións audiovisuais
Pola tarde debido ao calor que vai🥵🥵🥵 deixaronnos disfrutar un pouco da piscina e aproveitamos para facer algo de deporte xogando unha partida de volei praia. Xa sabedes que o importante non é gañar senón participar e nós así o facemos. Está sendo unha experiencia marabillosa!!!!🤩🤩🤩
E agora toca 😴😴😴😴😴. Mañá vos contamos máis
Hoxe comenzamos a mañá cun brainstorming🤔🤔 Sabedes o qué é? En español o traducimos por tormenta de ideas. Pois eso foi o que fixemos aportar unha serie de ideas sobre o tema proposto: os medios de comunicación e sobre todo enfocalo nos medios de comunicación dixital. Sabemos a importancia que teñen, pero cada día o mundo dixital avanza máis rápido e por eso é importante ser conscientes de que os medios dixitais serán o futuro pero ainda que somos moi xóvenes e xa nacemos na era dixital tampuoco queremos que desaparezan o físico, porque todavía segue habendo unha brecha entre persoas e non todo o mundo pode acceder ao dixital.
Xa pola tarde tivemos tempo de darnos un paseo pola cidade e desfrutar de lugares super bonitos e cheos de historia. Fixaros que chula é a Catedral 😍😍😍
Pasear pola cidade é unha maneira de coñecer á xente e ver cómo é o seu día a día ou a sua forma de traballar e así puidemos ver cómo facían galletas artesanais nunha tenda.
E mañá qué nos esperará????. Si queredes sabelo seguid atent@sNós os de A Coruña non estamos afeitos a tanta calor☀️☀️☀️☀️☀️, onde vivimos non se alcanzan temperaturas tan altas🌡️🌡️ como as que estamos a vivir aquí, pero os nosos compañeiros/as de Francia tamén dien que este ano vai demasiada calor, así que despois de almorzar pasamos a mañá na piscina para refrescarnos e así ademáis disfrutar con xogos acuáticos.
Despois de xantar tivemos unha sesión onde coñecemos algúns dos proxectos que Life Time projects (os organizadores destas semanas de intercambio) están levando a cabo como é a Emancipación das mulleres en diferentes países.
E agora imos 😴😴😴😴😴😴 que xa son horas.
Amanecía en Estrasburgo con calor, pero prometía un día alegre e divertido.
Como cada día despois de almorzar tocaba empezar coas actividades que nos tiñan preparadas. Hoxe tocaba o turno de actividades de comunicación, e que mellor que para comunicar que un actor profesional. Así que máns á obra e con distintos xogos ademáis de rirnos e pasalo ben aprendemos un montón.
A nuestra primera sorpresa d día chegou na rúa onde tiñan organizado xogos e música (non estaba preparado polos nosos monitores), e nós como seguimos sendo nenos non dudamos en participar, así que puxémonos a xogar ao axedrez, ao xogos de equilibrio, fixemos pulseras e ata fixemos de reporteiros, esto sí foi unha forma de socializar e coñecer á persoas da cidade.
Pero o día todavía non remataba, quedaba a mellor parte e unha gran sorpresa xa que a nosa compañeira Andrea estaba de cumpreanos🎂. 17 anos campeona!!!! Seguro que este cumple non o vas a olividar, non había unha gran tarta, pero sí velas que soplar e unha gran familia Erasmus+
Mañá os contamos máis
Hoxe o día comenzou sendo unha continuación do vivido onte xa que volvemos ter actividades co mesmo actor. Pero tamén tivemos tempo para cociñar xa que cando estivemos en Monforte tiñamos que facer un intercambio de recetas entre os dous países e lembrades que non puidemos e só cociñamos en Fundación Belarmino Fernández Iglesias pratos galegos, pois hoxe había que facer algo máis típico de Francia, entre outras cousas fixemos creps (o que nós os/as galegos/as chamamos filloas). Pero non acabou ahí a experiencia culinaria xa que o final saímos á rúa para ofrecerlle á xente que por alí pasaba as nosas delicatessen🤣🤣🤣🤣. Na cociña dícese que facer as cousas con cariño e paixón son casi tan importantes como o prato en sí, pois eso non nos faltou.
E tamén xogamos, maquillamos e disfrutamos cos nenos/as, pero imos a cama porque non podemos máis😴😴😴.
Hoxe non tiñamos actividades previstas por parte dos nos@s monitores, así que como era un día libre, decidimos ir coñecer otra cidade, porque esto é o que teñen os proxectos Erasmus+ que nos permiten coñecer lugares maravillosos xa que hai tempo para todo, non só son actividades, tamén disfrutamos de momentos de ocio. Fumonos a Colmar, unha cidade na fronteira entre Alemaña e Francia, conocida polo nome da Pequena Venecia ou como se di allí “La Petite Venise” polos canles que ten. Percorremos as súas rúas, que teñen uns edificios moi chulos e ata había un cheíño de amor 🤣🤣 porque estaba decorado con un montón de ❤️❤️❤️
Pasear por Colmar é como estar nunha cidade de conto, por algo é a localización da Bela e a Besta de Disney, a qué non o sabíades??? Pois agora xa o sabedes.
Aquí vos deixamos unhas fotos para facervos a boca doce e que si tedes a oportunidade de visitar esta cidade non o dudedes porque merece moito a pena.
Deica mañá!!!!Esta mañá tivemos unha xornada con LICRA, unha asociación creada en 1927 para loitar contra o racismo, antisemitismo e a xenofobia e que na actualidade se encarga tamén de temas sociais relacionados coa cidadanía, a discriminación no traballo e dos xóvenes desvaforecidos, o que son os obxectivos principais do proxecto no que estamos a participar.
Pola tarde saimos a pasear y xa aproveitamos para cear en fronte da catedral tarta frambeada. Qué rica estaba🤤🤤🤤!!
E antes de volver ao albergue a durmir aproveitamos para subirnos ao famoso Carrousel da Place Gutenberg.
Comenzamos a mañá con un entretido xogo de pistas antes de acercarnos ao Parlamento Europeo, na tele parece máis pequeno, pero en realidade é enorme!!!! Ainda que o noso nivel de inglés e francés é moi bo🤭 non quixemos perder detalle así que collemos as audioguías para face-lo tour por toda a sede Parlamentaria
Pola tarde o actor e monitor que estes días nos está acompañando nos propuxo que exercésemos de reporteiros por un día porque nunca se sabe se desta experiencia alguen querrá ser periodista 😉😉😉😉 , tocounos entrevistarnos uns aos otros e a verdade que se nos deu moi ben😂😂😂
E se a mañá empezou xogando, a tarde noite non ía ser menos e tamén a acabamos con diferentes xogos.
Uff que cansos estamos🥱🥱. Ímonos durmir, mañá máis
A mañá tomámola libre sen actividades pero pola tarde tocaba deporte na natureza. Subímonos a cabalo e demos un paseo, a sensación era de paz, pero creo que mañá non nos imos mover, porque non estamos afeitos a estos trotes (nunca mellor dito🤣🤣🤣🤣)
Deica mañá!!!!Despois de almorzar decidimos separarnos os chicos por un lado e as chicas por outro para afrontar o reto Selfie, que consistía en sacarse fotos en diferentes lugares da cidade. Non temos moi claro qué grupo sacou os mellores selfies🤔🤔🤔. Así que vos toca axudarnos coa elección chicas ou chicos? That’s is the question 😂
E pola tarde fixemos a montaxe dos vídeos coas entrevistas, estes vídeos sempre quedaran na nosa memoria.
Imos dormir 🥱😴Hoxe foi un día de despedidas, pero non nos imos poñer tristes xa que durante este mes vivimos unha experiencia marabillosa que comenzaba en Monforte de Lemos e aínda que non foi como estaba previsto porque como xa sabedes os nosos amig@s de Francia non puideron ir, pero ao final conseguimos reunirnos aquí en Estrasburgo. Foron uns días cheos de aprendizaxe, deportes, diversión, risas e de entablar unhas amizades que sempre levaremos no noso corazón. Pero hoxe tocaba volver a España (as cousas boas sempre se acaban pronto😉), así que coas maletas cargadas de alegría collemos o vuelo de regreso, pero non foi unha despedida, foi un ata pronto porque esperemos volver vernos tod@s
Imos finalizar dando as gracias a todas aquelas persoas que fixeron posible que puidésemos vivir esta experiencia, primeiro ao SEPIE e a Erasmus+ Projects por ofrecer estas bolsas que dan a oportunidade aos jóvenes como nós de viaxar, de coñecer outras culturas, persoas e o mesmo tempo de formarnos e facernos crecer a nivel personal. Tamén queremos dar as grazas a Life Time Projects, Integra Asociación, Fundación Belarmino Fernández Iglesias porque eles tamén fixeron posible todo esto e pensaron en nós para ser os beneficiarios da bolsa. E por suposto aos monitores de España e Francia por tratar de facer a nosa estancia o máis agradable posible.
E só queremos acabar dicindo que si tedes a oportunidade de desfrutar dunha bolsa #Erasmus+ , non a deixedes escapar, merece moito a pena.
😘😘😘😘😘