• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
O sistema de xestión de calidade da Fundación Belarmino Fernández Iglesias certificado coa ISO 9001-2015
21/01/2021
El alumnado realiza el proceso de poda en el viñedo de la Fundación Belarmino Fernández Iglesias
29/01/2021
Mostrar todos

A segunda edición Business Factory Food dará a coñecer os proxectos de futuro no sector alimentario gallego

25/01/2021

O alumnado da Escola Berlamino Fernandez Iglesias pode asistir este venres, 29 de xaneiro, ao “demo day” correspondente á segunda edición da aceleradora virtual Business Factory Food ( BFF).

Un encontro no que se presentarán as 14 starups do sector alimentario que formaron parte desta edición, dando a coñecer novas ideas que poden ser de interese, inspiración ou punto de partida para os matriculados nos ciclos medios e superiores da Escola en todas as súas áreas e especialmente nas máis orientadas á hostalería. Trátase dun acto no que participasen investidores e actores do sector tecnolóxico, alimentario e do emprendemento.
Así aquelas persoas interesadas poden inscribirse a este encontro en liña a través do seguinte formulario https:// bffood. gal/ events/demo- day-ii- edicion- bffood.

A BFF é a aceleradora do sector alimentario de Galicia, que busca a consolidación de novas empresas que acheguen solucións innovadoras ao mercado, un nicho onde desenvolver o tecido empresarial e industrial do sector galego á vez que se atrae talento nacional e internacional. Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE); a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado ( XESGALICIA) e da Axencia Galega de Innovación ( GAIN).

Un evento en cuxa xestión e coordinación participa activamente a Agrupación industrial Alimentaria de Galicia ( CLUSAGA) e que conta co apoio de empresas do sector, como Adegas Martín Códax, Cafés Candeas, Calvo, Corporación Alimentaria Peñasanta ( CAPSA FOOD), Cravo Food Factory, Cooperativas Lácteas Unidas ( CLUN), Congalsa, Dairylac, Gadis, Kiwi Atlántico, Quescrem, Grupo Nova Pescanova, Torre de Núñez e Viña Costeira.

Compartir

Artículos relacionados

22/10/2021

Ti Sirves, Ti Decides


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'23.7"N 7°37'11.4"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies