• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
Olfato y gusto, medios de trabajo
09/12/2020
Olfato e gusto, medios de traballo
10/12/2020
Mostrar todos

Caramés: “Existe unha incerteza radical froito das crises sanitarias, económica e financeira que se mesturan na actualidade”

10/12/2020
imagen de la conferencia impartida por Luis Caramés al alumnado del CPR Fundación BElarmino Fernández Iglesias

O presidente da Fundación Berlamino Fernández Iglesias, Luis Caramés Viéitez, ofreceu onte ao alumnado do CPR a conferencia “Incerteza e ciclo económico” sobre a realidade que se vive ante a actual situación sociosanitaria. Seguindo o protocolo de prevención do centro, os estudantes asistiron á charla de forma virtual desde as súas respectivas aulas.

Durante a súa intervención, Caramés, membro da Real Academia Galega de Ciencias, lembrou ao auditorio o actual escenario e as consecuencias dunha situación que afectou sucesivamente a todos os países e sectores da sociedade. “A parada case instantánea da actividade foi consecuencia da desaparición física de parte da produción e o consumo”, apostillou, e destacou que, en realidade, están a mesturarse tres crises: sanitaria, económica e financeira, “das que se deriva unha incerteza radical”.

Unha realidade ante a que o catedrático en Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela lembrou que as empresas “non adoitan contratar forza de traballo” e que, por tanto, o sector público “pode ser indispensable”.

Neste mesmo encontro fixo un balance da situación que se viviu ao longo destes meses e incidiu en que se está comprobando que a saída á devandita crise dependerá da xestión e eficacia das vacinas. “Mentres isto non se confirme manterase a desconfianza e por tanto son imprescindibles os apoios orzamentarios, monetarios e estruturais para limitar a incerteza e dar confianza”, subliñou. Ademais, engadiu, o Banco Central Europeo, a Reserva Federal e outros bancos centrais tomaron medidas “do mesmo xeito que os países elaboraron plans de recuperación e a UE tomou decisións sen precedentes”, en relación á mutualización dos créditos destinados a axudar a algúns países.

Outras consecuencias da crise
Durante a conferencia, Caramés apuntou que, máis aló da situación económica, a crise sanitaria “deixou en evidencia que a xestión informativa dirixida á poboación revelouse como francamente mellorable” e que o ámbito sanitario reforzou a cooperación mundial, aínda que, lamentou o presidente da Fundación, “tarde tras a confusión dos primeiros meses”.

Dada a situación actual, o docente destacou que “os escenarios para o futuro preséntanse máis favorables por unha previsión de que diminúa a gravidade da pandemia ante sucesivas ondas”. A proximidade da vacinación e as mellores expectativas entre consumidores e empresarios implicarán, concluíu, “unha recuperación do PIB e do comercio mundial coa estimulación das exportacións e do consumo privado froito da recuperación do emprego”.

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'23.7"N 7°37'11.4"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies