• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
El Grupo Colmeiro defiende la conexión de Galicia y Portugal mediante la alta velocidad ferroviaria
06/05/2021
Presentación del estudio “Los municipios en tiempos de Covid: El territorio de la cooperación”
12/05/2021
Mostrar todos

O Grupo Colmeiro defende a conexión de Galicia e Portugal mediante a alta velocidade ferroviaria

06/05/2021

O Grupo Colmeiro celebra a aposta de Portugal pola conexión ferroviaria de alta velocidade entre o país veciño e Galicia, que proporcionará un achegamento máis eficiente e propiciará un contexto de cooperación entre ambos países.

Luis Caramés, presidente da Fundación Belarmino Fernández Iglesias e de este foro de opinión e debate, declarou recentemente que a determinación do goberno portugués suporá unha grande oportunidade para Galicia e que “virán outros desafíos relacionados coa ordenación do territorio, coas estratexias de mobilidade, pero poderase contar cun activo que achegará máis a dous pobos que nunca deberon vivir de costas”.

A creación dunha rede ferroviaria que aúne os intereses de ambos países é “un elemento esencial na vertebración de Galicia e o norte de Portugal, tamén en clave ibérica, entendendo a Península Ibérica coma un todo. Territorio da coñecida como Eurorrexión, con máis de 7 millóns de habitantes, con relacións económicas, comerciais e científicas que deberán intensificarse, así como o turismo, non só de fronteira”.

Todo o que nos une

Tal e como indicou o ministro de infraestruturas portugués, o economista Pedro Nuno Santos, nunha recente entrevista: “para calquera portugués do norte e para calquera galego é sinxelo de entender: ¿con quen temos máis relacións económicas e de afinidade os portugueses? A calquera que lle pregunte responderá rapidamente: cos galegos e con Galicia”. Por iso, non é de estrañar que a prioridade do goberno luso sexa afianzar as relacións entre o norte portugués e a nosa comunidade, sendo Galicia a elixida para prolongar a liña de alta velocidade, que á súa vez unirá as dúas principais cidades portuguesas.

Desde o Grupo Colmeiro consideran que “Galicia debe aliñarse de maneira cooperadora con estas políticas do país veciño, posto que nelo lle vai un achegamento máis eficiente con Portugal”. Pola súa parte, Caramés engade que a comunidade galega e o seu goberno “farán ben en sintonizar cunha política de transporte que pasa por riba das ideoloxías”.

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'23.7"N 7°37'11.4"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies