• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
Presentación del estudio “Los municipios en tiempos de Covid: El territorio de la cooperación”
12/05/2021
Donación de libros al Centro Bibliográfico Gallego-Portugués-Brasileiro
18/05/2021
Mostrar todos

Presentación do estudo “Os municipios en tempos de Covid: O territorio da cooperación”

12/05/2021

Luis Caramés, presidente da Fundación Belarmino Fernández Iglesias, participuo na presentación do estudo “Os municipios en tempos de Covid: O territorio da cooperación”, celebrada polo Colexio de Economistas de Alicante.

O citado estudo establece que os concellos turísticos son “os grandes olvidados” na normativa estatal e pon de manifesto que a vixente Lei de Facendas Locais non ten en conta unha das súas principais características: os gastos asumidos nos servizos que prestan á poboación de feito ou flotante. Caramés, co-autor do estudo, indicou que durante a pandemia do coronavirus descuidouse a realidade destes municipios, “que son os que máis sufriron o golpe dos acontecementos derivados da mesma”. Só as restriccións de mobilidade debidas á pandemia xa causaron unhas perdas de máis de 116.000 millóns de euros no PIB turístico en 2020.

“A Axenda 2030 botóusenos enriba e isto é algo que os municipios deben afrontar coma un reto máis e que supón unha carga para eles, infrafinanciados e golpeados pola crise económica derivada da sanitaria”, advertiu tamén o economista.

Alternativas de futuro

Segundo Caramés, os gastos impropios que xa asumen os concellos supoñen o 17% do total e nos turísticos se multiplica esta porcentaxe. Por esta razón, reclámase unha financiación que cubra estes gastos e que podería pasar polo traspaso dunha porcentaxe da recadación do IVA nos seus municipios.

Así mesmo, nunha recente entrevista, o presidente de la Fundación Belarmino Fernández Iglesias indicou que “lévase insistindo na cooperación máis dun século, pero é moi difícil” e que os municipios atópanse con impedimentos como que “para afrontar os problemas que teñen, moitas veces, a súa dimensión é demasiado reducida”. Ademais, moitos deles, con ingresos dependentes do turismo, “viron lesionadas as súas finanzas”.

En canto ás alternativas para atopar unha solución, Caramés decántase pola cooperación, posto que “existe fórmulas para optimizar o gasto dos municipios que respetan a equidade sen ter que chegar a fusións”.

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'23.7"N 7°37'11.4"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies