• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
O vicepresidente segundo da Xunta de Galicia visita as instalacións da Fundación e a Escuela
17/03/2021
La Fundación Belarmino apoya el estudio del Grupo Colmeiro sobre el impacto del covid19 en las ciudades
25/03/2021
Mostrar todos

A Fundación Belarmino apoia o estudo do Grupo Colmeiro sobre o impacto do covid-19 nas cidades

25/03/2021

A Fundación Belarmino Fernández Iglesias apoia o estudo que o Grupo Colmeiro realizará sobre o impacto do covid19 nos novos modos de vida. A entidade soberina, presidida por Luis Caramés, apoia o informe que elaborará o grupo de análise e debate sobre como a presenza do virus modificou os modos de vida, e a súa afectación nos novos hábitos. O documento final está previsto que se dea a coñecer no último trimestre do ano.

O covid19 tivo unha incidencia directa na situación económica e sanitaria así como no desenvolvemento de modos laborais diferentes aos que estaban impostos. O confinamento vivido desde marzo a xuño de 2020 e as limitacións á mobilidade trouxeron consigo unha maior velocidade no relativo á implantación do teletraballo. Circunstancias que se reflectiron en novas tendencias de habitabilidade.

Novas tendencias

O Grupo Colmeiro inicia o estudo partindo dos novos modos de vida e demandas habitacionales nas que a se incrementa a demanda de vivendas individuais, xa sexa nas áreas periurbanas ou segundas residencias. Isto non implica necesariamente un incremento do censo en zonas rurais pero si nas cidades medianas, dando un envorco ao declive polo que estas pasaban. Dita situación obriga a reconsiderar o actual papel da ordenación do territorio.

A entidade analizará a intensidade desta desconcentración urbana e o posible reequilibrio poboacional e de servizos. Un panorama que sinala que as cidades medianas poden recuperar o papel predominante que tiñan hai anos.

O estudo será realizado o Grupo Colmeiro, conformado por economistas de Galicia, e que ten como obxectivo abordar as principais problemáticas sociais, económicas e políticas de Galicia a través do coñecemento e a perspectiva crítica.

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'23.7"N 7°37'11.4"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies