• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
Os estudantes de Cociña e Gastronomía e de Servizos en restauración catan os queixos galegos con D.O.P.
12/03/2021
A Fundación Belarmino apoia o estudo do Grupo Colmeiro sobre o impacto do covid-19 nas cidades
25/03/2021
Mostrar todos

O vicepresidente segundo da Xunta de Galicia visita as instalacións da Fundación e a Escuela

17/03/2021

O presidente da Fundación Belarmino Fernández Iglesias, Luís Caramés, recibiu ao vicepresidente segundo da Xunta de Galicia, Francisco Conde, nun acto e posterior visita á institución, realizada xunto ao presidente de honra da mesma, Berlarmino Fernández Mazorra.

Durante a súa intervención Luís Caramés destacou a importancia da Fundación “para a zona, como elemento dinamizador da formación e a economía. Apostamos pola educación como principal ferramenta para o futuro. Na Escola fórmanse profesionais en hostalería e vitivinicultura, dando unha alternativa nestes complicados momentos”, ao que engadiu: “A Fundación evolucionou ata consolidarse como unha marca de calidade, tanto na demanda de formación como na oferta de postos de traballo para os seus egresadas e egresados”.

O economista resaltou a importancia da Fundación como “nexo de unión desta terra con outros países a través da transmisión de coñecementos, mantendo deste xeito a esencia dos seus comezos e desenvolvendo novas vías de consolidación económica”. Caramés recalcou a importancia da Fundación cunha destacada proxección iberoamericana a través de actividades e eventos colaborativos que se recuperan en próximas datas entre Galicia e América Latina.

Aposta de futuro

Pola súa banda o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, agradeceu o traballo da Fundación e a súa contribución ao desenvolvemento económico, social e cultural de Galicia.

Neste sentido destacou que a entidade é un exemplo da aposta pola formación- co obxectivo de brindar un futuro á mocidade galega e como factor de competitividade para o rural- e de impulso da internacionalización da economía galega a través da Marca Galicia.

O presidente de honra, Belarmino Fernández Mazorra, lembrou que “a institución avanza cos tempos, adáptase, pero mantemos o espírito de confraternización co que o meu pai iniciou esta andaina hai 25 anos; co ánimo de contribuír ao desenvolvemento económico, social e cultural de Galicia”.

Visita a las instalaciones

Posteriormente, o representante da administración autonómica asinou no libro de honra e realizou unha visita polas instalacións da Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias, acompañados pola directora da Escola, Rebeca Vázquez e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. Durante todo o acto estiveron presentes o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias e os membros do padroado da entidade lucense.

Un percorrido que transcorreu polo laboratorio e a aula de catas onde se forman os futuros profesionais da vitivinicultura. Espazos nos que, nas últimas semanas, os responsables do Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia e da adega Estrela Galicia, impartiron clases en liña.

Posteriormente visitaron a cociña e comedor, onde as alumnas e alumnos dos ciclos medios e superiores de restauración e hostalería prepáranse para o mundo laboral a través de simulacións prácticas. Unhas actividades impartidas por docentes da Escola así como colaboracións de empresas como Galletas Mariñeiras e os queixos con Denominación de Orixe Protexida cos que realizaron actividades prácticas como a elaboración de pratos e o servizo aos clientes.

A Fundación

A Fundación Belarmino Fernández Iglesias foi fundada en 1996 polo empresario soberino do mesmo nome que, un ano despois, inaugurou a Escola de Hostalería nas súas instalacións. Un proxecto co que o creador buscaba dar aos mozos da comarca e de Galicia unha oportunidade formativa. Na actualidade nas súas aulas 63 estudantes realizan os cursos de técnico superior de vitivinicultura; e os ciclos medios en servizos de restauración e en Cociña e Gastronomía.

Habitualmente o centro realizaba actividades divulgativas sobre gastronomía ou turismo, accións que se renovarán en canto as normas sanitarias permítano. A Fundación Belarmino continúa traballando baixo as directrices dos seus comezos, nas que se unen o sentido humanístico coa acción social.

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'23.7"N 7°37'11.4"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies