• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
Presente y futuro de la vitivinicultura gallega reunidos por la Escuela Belarmino Fernández Iglesias
15/02/2021
Entrevista radiofónica a Luis Caramés sobre a actual situación económica
05/03/2021
Mostrar todos

O viño como nexo de unión para todos os estudantes dos Ciclos Formativos que se imparten na Fundación

04/03/2021

Desde hai dúas semanas os estudantes da Escola Belarmnino Fernández Iglesias desenvolveron unha intensa práctica relacionando o viño coa súa especialidade formativa.

Da man da adega Os Cipreses, con denominación de orixen Ribeira Sacra da subzona de Chantada, aplicaron dúas dos caldos da mesma nunha actividade que implicou a todos. Así os estudantes do Ciclo Formativo de Grao Superior de Vitivinicultura tiveron a oportunidade de facer a cata do viño Vos Cipreses monovarietal Mencía 2019 e do plurivarietal Cypressus que axunta as uvas Mencía e Araúxa ( tempranillo).

Unha experiencia na que o alumnado realizou as tres fases da cata: a visual, co descorche e servizo; a olfativa e a gustativa.

Doutra banda, a experiencia implicou aos estudantes do Ciclo Formativo de Grao Medio de Servizos en restauración que se forman na Fundación xa que foron eles os encargados de simular a venda destes viños aos clientes dun establecemento hostaleiro, ofrecendo unha completa descrición dos mesmos e partindo do traballo desenvolvido polos alumnos/ as do Ciclo de Vitivinicultura, e posteriormente realizaron o descorche e o servizo do mesmo.

Finalmente, as alumnas e alumnos do Ciclo Formativo de Grao Medio de Cociña e Gastronomía desenvolveron un menú para acompañar aos viños presentados pola adega colaboradora. Para maridar co viño Mencía Vos Cipreses 2019 o alumnado decantouse por elaborar un prato de peixe: Xarda en escabeche con salteado de xudías verdes e para o viño Cypressus (Mencía e Araúxa) elixiron unha peza de carne de Tenreira Galega IGP elaborando un Jarrete estofado con puré de batata e espárragos verdes.

Con esta actividade a Fundación continúa formando integramente aos futuros profesionais, xa que o alumnado non só se forma dun modo teórico senón que ademais ten a posibilidade de achegarse ás experiencias e traballos profesionais unha vez que superen a formación e dean o paso ao mundo laboral.

A Escola segue traballando na procura de sinerxias con empresas da zona e dos sectores relativos aos estudos ofertados como xa se fixo en semanas anteriores da man de Estrela Galicia ou do Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'23.7"N 7°37'11.4"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies