O presidente da Fundación Berlarmino Fernández Iglesias, Luís Caramés Vieitez foi entrevistado por Ignacio Balboa, director de esRadio en Galicia, sobre a actual situación económica. No transcurso da mesma fálase das axudas “excepcionais” da Unión Europea e a necesidade de xestionalas correctamente.
O catedrático en economía da USC fala da como a actualidade socio sanitaria afecta á economía en xeral e en concreto ás empresas e traballadores galegos. Asegura que “habería que facer debate” sobre as axudas directas, e que debe haber cooperación entre as comunidades e o goberno central. Na súa intervención Luís Caramés asegurou que “as axudas non deben ser só para os que pechan, senón tamén para os que resisten”.
Pode escoitar aquí a entrevista completa.