• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
Lucus in Vino Veritas 2021 contará con la participación del alumnado del CPR Belarmino Fernández Iglesias
02/06/2021
Hondo pesar por el fallecimiento de Luis Caramés, presidente de la Fundación Belarmino Fernández Iglesias
07/06/2021
Mostrar todos

Lucus in Vino Veritas 2021 contará coa participación do alumnado do CPR Belarmino Fernández Iglesias

02/06/2021

Lucus in Vino Veritas é un evento do sector vinícola, con representación de adegas con especial importancia dentro do territorio galego e con vinculación ás vías romanas. Está dirixido por Isabel Lozano Verdes, alumna do Ciclo Superior de Vitivinicultura do CPR Belarmino Fernández Iglesias e a edición de 2021 terña lugar o vindeiro 5 de xuño nun dos espazos máis emblemáticos de Lugo: o atrio da catedral.

Os asistentes poderán gozar tanto de 25 adegas seleccionadas de toda a península, así como dunha variada programación de actividades durante os días previos ao evento.

Mércores 2 de xuño, 19:00 horas: Mesa redonda “Pasado, presente e futuro da Ribeira Sacra”
A Escola Politécnica Superior de Enxeñería (Campus de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela) acollerá esta actividade onde Cristina Mantilla, docente do centro, exporá o seu punto de vista sobre a Ribeira Sacra e o seu futuro. Estará acompañada por Roberto Regal, Julián García Berrios e José Manuel Rodríguez, nun coloquio moderado por Isabel Lozano no que esperan poder avistar un futuro socioeconómico esperanzador para esta denominación de orixe.

Venres 4 de xuño, 12:30 horas: Aperitivo maridaxe
O alumnado do ciclo formativo de grao medio de servizos de restauración será o encargado de servir o viño nesta actividade que se celebrará en CEI NODUS. A recoñecida sommelier Susana Barros realizará unha maridaxe única xunto a cinco chefs da Asociación Cociñeiros Lugo que crearon cinco tapas especiais para este evento.

Venres 4 de xuño, 21:30 horas: Cata de viño con Susana Barros
Terá lugar no atrio da catedral de Lugo. A entrada é de 10 euros/persoa e as prazas son limitadas ata completar aforo.

Sábado 5 de xuño: evento principal
O atrio da catedral de Lugo acollerá unha serie de actividades ao longo do día:
11:00 horas: Apertura de portas
11:30 horas: Cata de aguardentes e licores. Impartida por Sonia Otero Padín (vogal do consello regulador da I.X. de las Aguardentes e Licores Tradicionais de Galicia)
13:00 horas: Showcooking con Cociñeiros Lugo
18:00 horas: Concurso de cata por equipos con Juanjo Treus
20:00 horas: Showcooking con Cociñeiros Lugo
21:00 horas: Concierto musical: “Supreme Jazz Dúo”
22:00 horas: Peche de portas

O acceso realizarase con entrada anticipada. Podes ver máis información na web do evento.

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'23.7"N 7°37'11.4"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies