• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
A Xunta convoca axudas de 3,65 millóns de euros para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas
01/02/2021
Presente e futuro da vitivinicultura galega reunidos pola Escola Belarmino Fernández Iglesias
08/02/2021
Mostrar todos

O alumando do CPR Belarmino Fernández Iglesias recibe formación do Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

03/02/2021

Os estudantes da Escola Belarmino Fernández Iglesias dos ciclos Superior de Vitivinicultura e Medio de Servizos de Restauración asistiron á xornada en liña de cata impartida por técnicos do Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Unha clase que non so axuda na capacitación de coñecementos senón que ademais mostra a adaptación da Escola ás novas circunstancias derivadas da covid-19.

A enóloga e destiladora, Sonia Otero, foi a responsable da formación a 22 alumnas e alumnos do 1º e 2º cursos de ambos ciclos. Un encontro dividido en dúas fases, sendo a primeira de carácter técnico na que se deu a coñecer as funcións de control, verificación e promoción dos destilados por parte do Consello Regulador. Neste área a entidade é responsable de ratificar que os licores son 100% galegos e que responden ás exixencias sanitarias e organolépticas. Nesta fase formativa tamén lembrou cales son as Indicacións Xeográficas de Galicia: Oruxo, Augardente de Herbas, Licor de Herbas e de Café.

Fase práctica

Fase práctica

O alumnado reforzou os coñecementos cun apartado máis práctico a partir dunha cata comentada de produtos. Nesta segunda fase Sonia Otero indicou que en función dos licores a distinción da Indicación Xeográfica depende da variedade de uva empregada na elaboración; da permanencia nas distintas cubas; ou na cantidade de sucre empregado na elaboración ou o tipo de café.

Durante o encontro a relatora indicou a importancia de que os licores consumidos sempre conten coa etiqueta de Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia “xa que son os que ofrecen todas as garantías”, sinalou Otero durante o curso.

Con esta cata impartida polo Consello a formación do alumnado da Escola reforzase coas intervencións de profesionais do sector da hostalaría que lles permiten achegarse ás necesidades e exixencias laborais da mesma.

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'23.7"N 7°37'11.4"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies