• A Fundación
  • Formación
    • FORMACIÓN REGLADA
    • ESCOLA
    • ERASMUS+
      • EXPERIENCIAS ERASMUS+
    • Formación ocupacional
    • AULA VIRTUAL
  • Secretaría
    • INSCRICIÓN E MATRÍCULA
    • CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS
    • BOLSAS
    • PLAN DIXITALIZACIÓN
    • COMPETENCIAS DIXITAIS
  • Bolsa de emprego
  • RESTAURANTE
  • Emprendemento
  • Actualidade
  • Contacto
Luis Caramés participará na apertura das actividades “Construíndo Futuro” da Universidade mexicana de Michoacana
20/10/2020
El alumnado del curso en Vitivinicultura instala el sistema de conducción de las cepas
29/10/2020
Mostrar todos

O congreso transfronteirizo sobre o proxecto Gerês-Xurés conta con Luis Caramés como moderador

22/10/2020

O congreso Transfronteirizo de difusión do proxecto Gerês- Xurés celebrado hoxe de forma virtual contou hoxe coa asistencia, como moderador, de Luís Caramés Viétez, presidente da fundación Belarmino Fernández Iglesias e do Grupo Colmeiro.
A xornada desenvolveuse ao redor da dinamización da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés ( RBTGX), a primeira destas características coa que conta España e que alcanza os 300 quilómetros. No encontro tratáronse as actuacións de promoción para o desenvolvemento económico, de turismo sostible, protección e conservación do patrimonio natural e cultural da zona.

O encontro
Na súa intervención o catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela deu paso á participación dos distintos representantes das administracións e responsables de conservación. Así, interviñeron, entre outros, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; o presidente de Turismo do Porto e Norte de Portugal ( TPNP), Luís Pedro Martíns, e a directora rexional da Conservaçâo da Natureza e das Forestas do Norte ( ICNF), Sandra Sarmento. Xunto a eles, representantes das zonas que conforman a reserva.

No acto desenvolvido hoxe presentouse o proxecto de cooperación Territorial e Patrimonio Natural e Cultural, así como os vídeos Aquis Querquennis 3D– Deputación de Ourense. Ademais, déronse a coñecer distintos libros ao redor dos lugares e as historias das reservas transfronteirizas ibéricas: experiencias e proxectos.

O proxecto
O proxecto, que finalizará en febreiro do 2021, inclúe accións para a ordenación da actividade turística na Reserva da Biosfera Gerês- Xurés, a produción de contidos turísticos para os puntos de información virtual nas entradas ao lado galego da RBTGX e a creación, promoción e comercialización dun produto turístico transfronteirizo, así como o deseño e acondicionamento de roteiros nos territorios galego e portugués.
Todas estas actividades están cofinanciadas ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Compartir

Artículos relacionados

10/02/2025

Entrevista a Alberto Acosta Mena y David Cidre Guitián por el Tercer puesto en el I Concurso de pastelería y panadería: Memorial Eneas


Leer más
  • ES
  • GL
Pazo de Rivas, 66
27466 - Rosende, Sober - Lugo
info@fundacionbelarminofernandez.com
(+34) 982 460 469
Coordenadas 42°27'50.3"N 7°37'05.7"W
ISO-9001
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies